Bolsa pola que se pode solicitar intercambiar o destino para o profesorado de educación infantil e primaria (curso 2018/2019)
O persoal docente que teña xa destino para o próximo curso 2018/2019 e que desexe intercambiar o seu posto de destino pode solicitar a súa inclusión na Bolsa de intercambios provisionais cubrindo todos os datos que se recollen no formulario cuxo enlace figura nesta páxina.
É importante que recorden que a presentación das solicitudes será desde o día seguinte da publicación na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da adxudicación definitiva de destinos provisionais e ata o día 3 de setembro e presentaranse obrigatoriamente por sede electrónica tal e como se establece nos artigos 3 e 4 da dita orde.
Orde do 17 de xuño (DOG do 30 de xuño) pola que se regulan os intercambios provisionais de prazas.
Dirección de correo electrónico: permutas.primaria@edu.xunta.es
Teléfonos: 981 54 44 82, 981 54 54 40, 981 54 44 87
Acceso ao formulario