Atención a urxencias sanitarias para familias - S1702038

Nova actividade para as familias adicada á atención de urxencias sanitarias e aplicación dos primeiros auxilios, con especial atención á manobra do RCP e o manexo do DESA
Xov, 24/05/2018 - 11:26
Atención a urxencias sanitarias para familias
Atención a urxencias sanitarias para familias

Durante os últimos anos houbo unha importante sensibilización da poboación cara aos métodos e as técnicas de atención inicial nas situacións de emerxencia.

O feito de que a cidadanía saiba realizar manobras de primeiros auxilios e reanimación, permite diminuír os tempos de asistencia aumentando as posibilidades de éxito nunha intervención favorecendo así o resultado final do accidentado.

Unha rápida chamada a emerxencias sabendo informar correctamente sobre a circunstancia á que nos enfrontamos así como unha actuación rápida de primeiros auxilios, que permitirá poder manter ao accidentado en condicións adecuadas ata a chegada do persoal sanitario.

Entendemos por primeiros auxilios a atención inmediata que se lle dá a unha persoa enferma, lesionada ou accidentada no lugar dos acontecementos, antes de ser atendido por persoal sanitario ou trasladado a un centro asistencial ou hospitalario.

OBXECTIVOS

OBXECTIVOS XERAIS

  • Coñecer e dominar as técnicas de primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias definidas no protocolo da Consellería

  • Ser quen de actuar de xeito eficiente e seguro en caso de incidencias urxentes que afecten á saúde da Comunidade Educativa 

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Saber iniciar a cadea de supervivencia

  • Coñecer a manobra da RCP básica

  • Manexar adecuadamente un desfibrilador externo semiautomático

  • Ser capaz de recoñecer unha parada cardiorrespiratoria, desobstruír unha vía aérea e empregar a posición lateral de seguridade.

  • Saber como actuar ante intoxicacións, queimaduras e escaldaduras.

  • Ser capaz de manexar diferentes escenarios clínicos

  • Coñecer como realizar unha inmobilización, unha vendaxe e como tratar feridas menores.

CONTIDOS

  • Primeiros auxilios e atención a urxencias sanitarias no ámbito educativo: protocolos de actuación.

  • Rexistro, xestión e notificación de urxencias sanitarias no ámbito educativo

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI