"STEMlab Galicia" o 20 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela

Mar, 10/04/2018 - 15:05
"STEMlab Galicia" o 20 de abril no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela
A consellería conta cunha estratexia dixital Edudixital 2020 que favorece a formación no pensamento computacional, o desenvolvemento de competencias STEM e a resolución de problemas desde a perspectiva maker (aunando coñecemento técnico, creatividade e innovación).  Neste camiño son numerosos os centros educativos que veñen amosando a súa excelencia no desenvolvemento de proxectos STEM co alumnado e coa comunidade educativa en xeral.
O vindeiro venres 20 de abril celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela STEMlab Galicia. Será a maior feira educativa en Galicia para centros educativos na que se amosará a excelente labor educativa de numerosos centros galegos a prol da ciencia, a enxeñaría, a tecnoloxía e a matemática, pero sobre todo a prol dunha aprendizaxe competencial, activa e creativa.
Poderá atopar toda a información relevante e o formulario de inscrición na páxina: http://stemlab.gal 

A  consellería asumirá o custo dun autobús por centro educativo público seleccionado, para o cal deberá formalizar a súa inscrición canto antes.

 

Menú Advertisement

Plans e actuacións en innovación educativa

Sen términos