Proxecto “Asignatura Empatía”
Mér, 14/02/2018 - 10:49
Cartel do proxecto

Trátase dun proxecto desenvolto por Samsung e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para concienciar e intentar reducir o acoso escolar mediante a implicación do alumnado na propia resolución do problema.

O obxectivo é concienciar sobre o problema do acoso escolar e ciberbullying. Para isto utilizaranse dispositivos Samsung de Realidade Virtual e un vídeo en 360º. Para medir o impacto realizarase un cuestionario anónimo posterior á visualización do vídeo.

Esta actividade está destinada a alumnado de 1º de ESO.

Os centros que estean interesados en participar deberán mandar un correo a asesoria.tic@edu.xunta.es antes das 14:00 do mércores 21 de febreiro de 2018 indicando no asunto “proxecto asignatura empatía”.