Título node Learning object

XIII Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Violencias, Diversidade, Coeducación, Emocionalidade
Ven, 19/05/2017 - 10:31
Logo

Información

O Concello de Lalín, coa colaboración da USC, organiza as xornadas XIII Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Violencias, Diversidade, Coeducación, Emocionalidade do 18 ao 21 de xullo de 2017.

Prazo de matrícula

Ata o 7 de xullo de 2017.

 

 

Obxectivos

  • Incrementar a conciencia sobre a violencia de xénero na sociedade civil, a fin de non limitar o debate sobre os medios para combater a violencia só a pequenos grupos, co risco de auto-referencialidade.
  • Evitar a hexemonía, xeral ou parcial, e ampliar a discusión e as achegas sobre as mellores accións de sensibilización e loita contra a violencia de xénero.
  • Mellorar as habilidades das/os estudiantes para contribuír a fortalecer o protagonismo e as posibilidades, deles e delas, de influír na comunidade.
  • Coñecer e analizar boas prácticas para o desenvolvemento de actuacións igualitarias na escola mediante a revisión das ferramentas habitualmente empregadas e a análise de novas propostas.
  • Facilitar o intercambio de experiencias e o aproveitamento de materiais e recursos diversos sobre as temáticas propostas.

Público destinatario

  • Alumnado universitario.
  • Profesorado.
  • Persoas diplomadas, licenciadas, doutoras ou profesionais que traballen en institucións públicas ou privadas e que queiran ampliar os seus coñecementos previos, ou incorporar por primeira vez a perspectiva de xénero e a igualdade de oportunidades na súa practica profesional ou no seu acervo de coñecementos.
  • Profesionais e persoal técnico de institucións públicas e privadas: Concellos, Comunidades Autónomas, Administración do Estado.
  • Educadoras/es sociais.
  • Traballadoras/es Sociais e Orientadoras/es.
  • Profesionais do lecer e do tempo libre.
  • Profesionais dos medios de comunicación.
  • Community manager e profesionais da comunicación en Social Media.
  • Educadoras/es, ANPA, Asociacións sociais e/ou culturais, Fundacións, ONG, Partidos políticos, Sindicatos

Máis información

Fundamentación teórica das xornadas:

http://lalin.gal/files/FUNDAMENTACI%C3%93N%20TE%C3%93RICA%20DO%20CURSO%202017.pdf