Convocatoria eduMOTIVA 2016/2017

Mér, 15/03/2017 - 14:55
Convocatoria eduMOTIVA  2016/2017

Este programa educativo ten como obxectivo ofrecer aos centros de ensino non universitario galegos experiencias de diferentes persoeiros de recoñecido prestixio e relevancia na sociedade galega e que destacan en diferentes campos profesionais, para así fomentar no alumnado valores como a motivación, o esforzo, a curiosidade, o pensamento crítico e o traballo en equipo.

Trátase de fortalecer os procesos de ensino e aprendizaxe que os docentes desenvolven nas aulas a través das distintas disciplinas curriculares ou proxectos nos que traballan co alumnado, con achegas que os complementen mediante charlas, obradoiros ou visitas que cada persoeiro propón.

Plataforma web

Este proxecto dispón dunha plataforma web para dar soporte a toda a información, as experiencias dispoñibles, as que se desenvolven nos centros, as solicitudes e a participación nas redes sociais.

Toda a información desta iniciativa atópase na ligazón: http://www.edumotiva.gal

Destinatarios: Centros docentes de ensino non universitario públicos e concertados

Prazo de solicitude: ata o 31 de marzo de 2017.

Procedemento:

Na web do proxecto en experiencias dispoñibles, escóllese o persoeiro no que se teña interese en solicitar a súa colaboración, o responsable do equipo directivo cubre o formulario cos datos do centro docente, escolle a actividade ou actividades que mellor se adapten ao seu contexto e lle da a enviar.

Valóranse as solicitudes recibidas e organízase a viabilidade delas con cada persoeiro que participa no proxecto, para así iniciar o traballo no centro educativo.

Cada centro docente no que se desenvolva unha experiencia comprométese a facer difusión dela nalgún medio dixital (web do centro, blog de proxecto, revista dixital, difusión nos medios…) e enviar a publicación ao enderezo electrónico edumotiva@edu.xunta.es.

Para calquera dúbida: