Resolución provisional dos centros docentes privados concertados seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística “English Week” correspondentes aos cursos sexto de primaria e primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO
Xúntase a Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros docentes privados concertados sostidos con fondos públicos seleccionados para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa “English Week” no curso 2016/2017 correspondentes aos cursos sexto de Educación Primaria e primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
- O prazo de reclamación é de cinco días naturais a partir do día seguinte desta publicación: ata o 30 de outubro (incluído).
NOTA: Para unha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo: xsoie@edu.xunta.es ou por fax ao número 981546550, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.
Orde do 12 de xullo de 2016 (DOG)
Extracto da Orde do 12 de xullo de 2016 (DOG)
Listaxe provisional de centros públicos admitidos e centros suplentes (primaria)
Listaxe definitiva de centros públicos admitidos e centros suplentes (primaria)
Relación provisional de centros públicos admitidos e centros suplentes (ESO)
Relación definitiva de centros públicos admitidos e centros suplentes (ESO)
Resolución provisional privados concertados
Relación provisional de centros privados concertados
Relación definitiva de centros privados concertados
Resolución do 14 de novembro de 2016: Resolución da convocatoria (DOG)