Convocatoria para participar no programa Lanzadeiras

Mar, 25/10/2016 - 08:48
Convocatoria para participar no programa Lanzadeiras

O programa Lanzadeiras desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa dos niveis non universitarios da cultura emprendedora. O plan eduemprende constitúese como o marco onde coordinar as sinerxías en materia emprendedora que actúen sobre o sistema educativo, ordenando e planificando a súa aplicación. O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

Ten coma finalidade  promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado.