Concurso eduemprende Idea 2016 para potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño

Lun, 02/05/2016 - 09:57

Publicada a Orde do 15 de abril de 2016 pola que se convoca o concurso eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG do 29 de abril de 2016).