Idea
Que é eduemprende Idea?
É un concurso que pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Quen pode presentarse ao concurso?
Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Ter estado matriculado no curso 2022-2023 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
- A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro.
- Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
- Modalidade A: ciclos de grao superior
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
- Asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
- Modalidade B: ciclos de grao medio
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
- Asesoramento técnico a través da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
Como participar
A presentación das solicitudes deberá realizarse empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario normalizado (Anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Información e contacto
Para calquera dúbida referente ao concurso dirixirse a:
Asesoría de emprendemento:
- eduemprende@edu.xunta.gal
- Teléfono 981 54 65 64, 881 99 65 21
Convocatoria 2023
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a orde da convocatoria de eduemprende Idea para o ano 2023 e toda a información relacionada.
Convocatorias anteriores: