SketchUp básico orientado á impresión 3D

Curso presencial en Santiago de Compostela de introdución ao deseño 3D con SketchUp.
Lun, 04/04/2016 - 22:05
SketchUp básico

S1502037 SketchUp básico orientado á impresión 3D

Novo curso presencial de 12 horas de duración totalmente práctico e orientado ao deseño en 3D. Desenvolverase no CAFI de Santiago de Compostela.Horas presenciais:12  e horas non presenciais: 0.

Horario e Calendario

As datas de celebración son:

25 e 26 de abril (18.00 a 21.00 horas)

11 e 13 de maio  (18 a 21.00 e de 16,00 a 19,00 horas)

Obxectivos

1.Coñecer os elementos e as funcionalidades do programa de deseño SkechtUp.

2.Deseñar e modelar obxectos co programa.

3.Orientar ao profesorado na utilización didáctica do programa como base para a impresión 3D

 

Contidos

1.Elementos e ferramentas de SkechtUp.

2.Modelando co programa: deseño e creación de obxectos.

3.Aplicacións para o seu uso na impresión 3D nas aulas.

 

Máis información e inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe, prazas limitadas.