S1402031 Proxectos de ciencia na aula
Con motivo da celebración da XVI edición de “Ciencia en Acción” que terá lugar do 2 ao 4 de outubro na Domus da Coruña, convócase o seguinte curso de formación:
> Tema: “Proxectos de ciencia na aula”
> Datas: 4 e 11 de marzo
> Lugar: IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)
> Hora: 16:30 a 20:30 horas
> Inscrición en Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
O curso ten un recoñecemento de 8 horas de formación.
Organiza a Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña, o CAFI (Centro Autonómico de Formación) de Santiago de Compostela, e os Museos Científicos Coruñeses.
“Ciencia en Acción”é un concurso científico-tecnolóxico de ámbito estatal e internacional, que por medio de ideas innovadoras presenta a ciencia dun xeito atractivo e motivador de forma que a mocidade e o público se interesen por ela.
Está dirixido a estudantes de todas as etapas educativas, profesorado, persoal de investigación e divulgadores da comunidade científica, en calquera das súas disciplinas.
É unha iniciativa do Consello Superior de Investigacións Científicas, o Instituto de Ciencias Matemáticas, a Real Sociedade Española de Física, a Real Sociedade Española de Química, a Sociedade Española de Astronomía, a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular, a Sociedade Xeolóxica de España e a Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Ao longo do seu programa pódese visitar a feira, asistir a conferencias e participar activamente en obradoiros e actividades.
Máis información en www.cienciaenaccion.org