C1403004: IV Encontros de atención a diversidade desde os departamentos de orientación e o equipo de orientación específico

Encontro entre Orientadores e o Equipo de Orientación Específico da Coruña no Salón de actos da UNED. Data: 26 de febreiro de 2015 Horario: Sesión de mañá de 9 a 14 Sesión de tarde 16 a 20
Ven, 30/01/2015 - 10:46
IV Encontros de atención á diversidade

Referencia: C1403004
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  26/02/2015  -  26/02/2015
Data límite de inscrición: 26/12/2014
Lugar: A Coruña
Prazas:  150
Observacións prazas: Esta actividade vai dirixida preferentemente aos Xefes/as dos Departamentos de Orientación de Ed. primaria e Ed. Secundaria.
 

Horas presenciais: 8
Horas non presenciais: 0

 

Obxectivos

1.Optimizar a colaboración na prevención e intervención entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico.

2.Manter unha rede dinámica de intercambio de información e boas prácticas entre departamentos de orientación e o equipo de orientación específico.

3.Compartir modelos, protocolos, materiais e recursos de atención á diversidade.

 

Contidos

1.Estratexias de prevención e intervención na atención á diversidade coordinadas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico nas distintas especialidades.

2.O traballo en rede entre orientadores para consultar dúbidas e compartir materiais, recursos e boas prácticas.

3.Modelos, protocolos, materiais e recursos de atención á diversidade entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico.

Asesor responsable da actividade

Asesor:  NISTAL MARTINO, GERARDO

Enderezo Electrónico:  gnistal@edu.xunta.es