S1401017: Formación específica de xestión económica para secretarios de centros con ensinanzas cofinanciadas polo FSE

Esta actividade xurde das demandas de moitos/as dos/as secretarios/as dos centros educativos onde se imparten ensinanzas financiadas polo Fondo Social Europeo, con respecto ás xestións administrativas necesarias.
Mér, 25/06/2014 - 14:15
 cofinanciadas polo FSE

Esta actividade xurde das demandas de moitos/as dos/as secretarios/as dos centros educativos onde se imparten ensinanzas financiadas polo Fondo Social Europeo, con respecto ás xestións administrativas necesarias. Repasará os problemas e trámites mais habituais:

  • Pagos a provedores nacionais e internacionais.
  • Procedemento de pago a provedores online
  • Pago a provedores aos que se lles debe practicar retención do IRPF. Obrigas fiscais, modelos(111,190,357…)
  • Gastos elixibles: directos e indirectos.

Celebrarase polas mañás na aula de informática do CIFP Compostela (10:00-14:00) e pola tarde na aula 1.11 do CAFI (15:30-19:00)

Secretarios FSE

 

Data de comezo: 7/7/2014

Data de finalización: 9/7/2014

Lugar de celebración: CIFP Compostela (10:00-14:00) , CAFI (15:30-19:00)

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61031

Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=495