G1301007: Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio con GNU/Linux
Esta actividade formativa en rede, forma parte da oferta formativa do plan anual de formación do profesorado de FP para o terceiro trimestre, destinada principalmente ao profesorado da familia profesional de Informática e comunicacións e tamén ao profesorado de Sistemas Electrónicos que imparta no ciclo de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. O profesorado interesado debe contar con coñecementos básicos de administración do Sistema Operativo Linux, sendo este un requisito necesario para participar na actividade.
O curso dedícase ás diversas tecnoloxías que se poden utilizar para a implementación de dominios con usuarios centralizados e recursos compartidos en rede, facendo uso de sistemas GNU/Linux e integrando tamén equipos clientes baseados en Windows. Para os exercicios prácticos empregarase Virtualbox e a última versión LTS do sistema operativo Ubuntu, polo cal os participantes deben contar cun PC con polo menos 4GB de memoria RAM.
Os titores responsables do curso, profesores da familia profesional de informática e comunicacións, xa actuaron coma titores na actividade anteriormente relacionada: Xestión avanzada de Ubuntu. Servizos de rede e deseño dunha infraestrutura de dominio.
Xa que esta actividade celébrase en paralelo co curso G1301003: Desenvolvemento de aplicacións web con J2EE , destinada ao profesorado da mesma familia profesional, pode darse a situación de que un/ha profesor/a sexa seleccionado/a para participar nas dúas actividades. De ocorrer ese caso os/as afectados/as deberán confirmar a súa admisión no curso que máis lle interese e renunciar ao outro. No caso de confirmar a súa admisión nas dúas actividades, será dado/a de baixa de oficio de unha delas elixida ao azar, en cumprimento do artigo 10.1.e da Orde do 14 de Maio de 2013 (DOG do 22/5/13).
Data de comezo: 22/4/2014
Data de finalización: 1/6/2014
Lugar de celebración: Platega
Número de horas totais: 30
Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54378
Ligazón á Aula Virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=2451