Puntuacións provisionais e relación de excluídos provisional para formar parte de listas para substitucións nas especialidades de Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel, Patronaxe e Confección, Servizos de Restauración, Guitarra e Trompa...

Ven, 22/11/2013 - 08:40

Xúntase o Anuncio do 12 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais en varias especialidades, abertas entre outros, polo Anuncio do 30 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro).

Fanse públicas as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Procesos e Produtos de Téxtil, Confección e Pel (590120) do corpo de profesores de ensino secundario, Patronaxe e Confección (591217) e Servizos de Restauración (591226) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, Guitarra (594414) e Trompa (594424) do corpo de profesores de música e artes escénicas e na especialidade de Gravado e Estampación (596614) do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño.

  • Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisional poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.