Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés e xaponés

Xov, 18/07/2013 - 08:50

Xúntase o Anuncio do 10 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés (592004) e xaponés (592013).

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou nos seus departamentos territoriais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.