Novas da Xunta
Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación e da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais de Deseño
Anuncio principal:
Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoProposta de resolución de concesión das axudas de apoio á etapa predoutoral 2024
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoNota informativa sobre a presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante relativo aos procedementos selectivos convocados mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
Para os efectos do previsto na base 11.3.1 da Orde do 31 de xaneiro de 2024 relativa á "Presentación de méritos ante o tribunal do persoal aspirante", xúntase modelo normalizado de alegación de méritos.
O persoal aspirante poderá visualizar os méritos que constan na aplicación de oposicións, accedendo á paxina web www.edu.xunta.gal/oposicions, lapela As miñas instancias, Opción Ver méritos.
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta financia a 72 investigadores posdoutorais para que afiancen a súa traxectoria en Galicia
Summary:
A Consellería de Educación vén de adxudicar os contratos tanto para a formación completa como para a consolidación de liñas de investigación propias
Un total de 60 investigadores traballarán nas universidades públicas (27 na USC, 18 na UVigo, 15 na UDC) e outros 12 farano en organismos públicos de investigación
Enmárcanse na aposta do Goberno galego por favorecer a carreira científica e o desenvolvemento dun sistema galego de investigación forte e especializado
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vén de resolver dúas convocatorias de axudas para contratos posdoutorais de formación e continuidade co obxectivo de que os investigadores seleccionados desenvolvan o seu labor científico en estruturas de investigación en Galicia. Trátase da resolución das axudas á etapa posdoutoral de modalidade única e á de continuidade.
As dúas accións forman parte das oito que conforman o Plan iTransfer de Promoción da Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG), dotado con 104M€ no 2024, co fin de impulsar a investigación en excelencia feita en Galicia e promover que os avances xerados polo persoal investigador se convertan en solucións efectivas aos retos de futuro. Neste programa inclúense, ademais das citadas bolsas, outras iniciativas como os Campus de especialización e convenios de I+D+i cos centros de investigación.
Modalidade formación completa
Investigadores das tres universidades públicas e varios organismos públicos de investigación da Comunidade son os beneficiarios das 49 bolsas de axudas para afianzar a súa formación nos seus centros, unidades ou departamentos, permitindo a mellora das súas capacidades e o desenvolvemento da súa carreira científica.
A resolución das axudas do 2024 ten como novidade que o investigador acceda a unha convocatoria única de seis anos de duración dividida en dúas fases de tres anos cada unha, cunha avaliación intermediaria para pasar dunha etapa á outra.
Durante os primeiros tres anos do contrato, os beneficiarios recibirán unha bolsa de 32.000 euros/ano en concepto de salario e custos sociais. A maiores, cobrarán un complemento por cada mes de estadía no estranxeiro segundo a zona de destino e se teñen a condición de bolseiro Fulbright. Durante a segunda fase, os beneficiarios cobrarán 49.000 euros ao ano durante todo o período, dos cales 38.000 euros son en concepto de salario e custos sociais e o resto son complementos para o establecemento dunha liña propia de investigación. En total, a Xunta de Galicia destina case 15M€ a esta bolsa de axudas.
A convocatoria inclúe un compromiso por parte das universidades que acollan contratados ao abeiro da mesma de crear, tras a finalización do contrato, postos de traballo permanente vinculados ás necesidades docentes ou investigadoras.
Modalidade de consolidación de novas liñas de investigación
Así mesmo, tamén se revolven as axudas posdoutorais de continuidade, coas que se posibilita o perfeccionamento da formación dos investigadores posdoutorais e o establecemento dunha liña de investigación propia. Trátase de 23 bolsas (20 para as universidades públicas do Sistema Universitario Galego e tres no resto de entidades beneficiarias) por un importe total máximo de 49.000 euros anuais cada unha delas.
A novidade das axudas deste ano 2024 é que os contratos posdoutorais de continuidade terán unha duración de tres anos e unha axuda complementaria para o establecemento dunha liña de investigación propia para que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria no sistema de I+D+i galego. Desta maneira, a Xunta de Galicia reforza o investimento ata os 3,6M€.
O importe das axudas nesta modalidade destinarase ao pagamento dos contratos, custos sociais, axuda para a creación dunha liña de investigación propia e complementos a cada entidade beneficiaria por persoa contratada. Entre os gastos considerados elixibles, asociados á creación dunha liña de investigación propia, están a compra de pequeno equipamento inventariable e material funxible ou material bibliográfico, a contratación de persoal investigador ou auxiliar ou os gastos derivados do uso de ferramentas de xestión do coñecemento e a información, tales como aplicacións informáticas, bases de datos, entre outros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez desexa “a mellor formación e experiencia” aos centos de estudantes galegos que este verán viaxan a cinco países coas bolsas da Xunta
Summary:
Os estudantes de 1º e 2º de Bacharelato mellorarán as súas competencias lingüísticas en Canadá, Reino Unido, Francia, Portugal e Alemaña
O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona ata o 92% da mesma para as tres semanas de estadía
O titular de Educación sinala que esta iniciativa é “unha porta de entrada a unha nova cultura, a outra forma de ver e entender o mundo”
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na xornada de benvida para os estudantes de Bacharelato que este verán viaxan ao estranxeiro para perfeccionar o seu nivel en diferentes linguas estranxeiras grazas ás bolsas da Xunta. En concreto, un total de 645 alumnos e alumnas de toda a Comunidade realizarán estadías en cinco países ao longo destes meses. A todos eles desexoulles “a mellor formación e experiencia”.
Como recordou o conselleiro, o propósito destas estadías “non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón tamén que entre en contacto con outras linguas, persoas, culturas e realidades” nun contexto de inmersión ou integración nun país estranxeiro, “o que contribúe á súa formación integral e ao seu desenvolvemento persoal en plena adolescencia”. O titular de Educación sinalou que esta iniciativa é “unha porta de entrada a unha nova cultura, a outra forma de ver e entender o mundo”.
Fíxoo estas declaracións durante unha xornada de benvida para o alumnado beneficiario destas bolsas -o denominado programa AxudasLe- e para as súas familias co fin de proporcionar orientacións sobre a viaxe e a estadía e resolver dúbidas. No acto, estivo acompañado da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández.
Complemento ao traballo na aula
Román Rodríguez explicou que o Goberno galego está comprometido co avance das competencias en linguas estranxeiras do alumnado. “Mellorar a capacidade de comunicarse noutros idiomas é un incentivo imprescindible hoxe en día”, afirmou. Por iso, logo de traballar intensamente nas aulas grazas a medidas como os auxiliares de conversa, ofrécense tamén outras alternativas como os campamentos de inmersión en Galicia durante a primavera e o outono, e as propias estadías lingüísticas estivais.
O representante autonómico animou aos alumnos participantes neste programa de verán a representar Galicia no estranxeiro, exercendo como bos embaixadores da nosa Comunidade. De feito, convidounos “a falar con todo o mundo, a integrarvos e participar activamente no programa formativo dentro e fóra das aulas”.
Distribución por cursos e países
Para o programa de estadías lingüísticas en países estranxeiros este verán, foron seleccionados un total de 407 alumnos de 1º de Bacharelato e outros 238 de 2º de Bacharelato, que gozarán de tres semanas en réxime residencial ou familiar en Reino Unido, Francia, Portugal, Canadá e Alemaña no período estival, entre xullo e agosto.
Así pois, 339 estudantes desprazaranse a Reino Unido e 230 a Canadá para mellorar as súas competencias en inglés; 60 farano a Francia para facelo co seu francés; dez irán a Alemaña para perfeccionar o alemán, e seis a Portugal para reforzar o seu portugués.
Curso
Modalidade
Prazas
2º de BacharelatoInglés en Canadá
90
Inglés no Reino Unido
120
Francés en Francia
20
Portugués en Portugal
3
Alemán en Alemaña
5
1º de BacharelatoInglés en Canadá
140
Inglés no Reino Unido
219
Francés en Francia
40
Portugués en Portugal
3
Alemán en Alemaña
5
O Goberno galego destina preto de 2M€ a esta actividade, de tal xeito que se subvenciona entre o 92% e o 62% do custo das estancias dos estudantes. Con cargo a esta partida, a Consellería de Educación sufraga parte dos gastos de contratación dos monitores que acompañan a cada grupo, mantemento e aloxamento, traslados para actividades, docencia e material escolar, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, seguros de accidentes e certificado de realización do curso.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta celebra os 20 anos do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo formando á canteira desta disciplina en Galicia
Summary:
É o centro da Xunta onde se pode cursar ensinanzas elementais e profesionais de danza e o único en Galicia coa especialidade de contemporánea
Desde a súa creación, duplicou a matrícula e organiza numerosas actividades culturais e de promoción das ensinanzas dentro e fóra de Galicia
Idioma GallegoA directora xeral de FP, Eugenia Pérez, asistiu hoxe á gala do 20 aniversario do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, o centro dependente da Xunta onde se poden cursar as ensinanzas elementais e profesionais de danza na nosa Comunidade e as ensinanzas profesionais de danza na especialidade danza contemporánea
No evento, celebrado no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, participou unha pequena representación do ex alumnado do centro que na actualidade está a desenvolver a súa carreira no eido da danza, e que no seu momento formou parte da canteira desta disciplina que o Conservatorio leva dúas décadas formando
O centro iniciou a súa actividade no ano 2003 e foi medrando ata que no curso 2011/2012 acadou a implantación definitiva das ensinanzas de danza, cos catro cursos de grao elemental e os seis cursos de grao profesional nas especialidades de Danza clásica e Danza contemporánea. Este crecemento reflíctese tamén no alumnado matriculado, que hoxe é o dobre que hai 20 anos.
O Conservatorio Profesional de Danza conta, ademais, coa única biblioteca especializada en danza de Galicia e cunha comunidade educativa moi dinámica, que programa unha grande cantidade de actividades culturais e de promoción e organiza obradoiros con coreógrafos galegos de prestixio internacional, ofrecendo ao alumnado a oportunidade de entrar en contacto coa creación coreográfica máis actual.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación provisional de admitidos na proba substitutiva da ESO e na de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio curso 2024/25
Xúntase a relación provisional de admitidos na proba substitutiva da ESO e na de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio para o curso 2024/25.
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
BoletínGalicia contribúe a avanzar na medicina personalizada de precisión no marco do Plan Complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde
Summary:
A participación galega está liderada pola Fundación Kaertor, ademais da presenza das tres universidades públicas e das tres fundacións de investigación sanitaria
Galicia coordina a liña de cribado de fármacos e está a desenvolver 15 proxectos disruptivos sobre descubrimento de fármacos, nanotecnoloxía, terapia celular e aplicación biomédica das TIC e da intelixencia artificial (IA) cunha dotación de 3M€
Román Rodríguez subliña o apoio económico da Xunta de Galicia a este proxecto para contribuír ao progreso da medicina a través da innovación
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, destacou esta mañá que o traballo cohesionado de todos os axentes de coñecemento con capacidades no eido da biotecnoloxía “contribuirá ao avance da medicina personalizada de precisión e, polo tanto, a facer fronte aos grandes desafíos aos que nos enfrontamos”, como a mellora nos diagnósticos e nos tratamentos avanzados.
O representante da Xunta de Galicia fixo estas declaracións na inauguración da xornada de presentación do Plan Complementario de Biotecnoloxía aplicada á Saúde en Galicia, onde tamén gabou “o gran labor que está a realizar a Fundación Kaertor”, a encargada de liderar a participación galega. Xunto ao conselleiro, interviñeron tamén Josep Samitier, coordinador do Plan Complementario de Biotecnoloxía Aplicada á Saúde; Mabel Loza, coordinadora para Galicia do Plan, e Raquel Yotti, comisionada do PERTE de Saúde de Vangarda.
“Este traballo faime reflexionar na importancia do carácter aglutinador, pois o feito de que neste plan esteamos sete comunidades coordinadas a través do Ministerio e na que todos os implicados tratan de aportar o seu valor e coñecemento ao proxecto é algo a destacar”, subliñou o titular de Ciencia, quen tamén valorou o papel de Galicia neste eido: “O traballo dos nosos investigadores é moi importante para lograr mellorar a calidade de vida das persoas, algo polo que temos que seguir traballando sen descanso, pois a ciencia non é un fin en si mesmo, senón un medio”.
Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, apuntou que a biotecnoloxía seguirá sendo “o aspecto diferencial da prosperidade médica e innovadora e, por este motivo, Galicia continuará apoiando as iniciativas vencelladas ao seu desenvolvemento”, como a participación neste Plan ou a Estratexia Galega de Consolidación da Biotecnoloxía. Dito plan, elaborado por sete comunidades e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ten como obxectivo desenvolver ferramentas para a medicina personalizada a través de seis liñas de actuación.
A participación galega, dotada con 3M€ procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e de fondos propios da Xunta de Galicia, agrupa ás tres universidades públicas e ás tres fundacións de investigación sanitaria, baixo a coordinación da Fundación Kaertor e o cofinanciamento da Xunta de Galicia. Os axentes galegos desenvolven 15 proxectos de investigación disruptivos sobre descubrimento de fármacos, nanotecnoloxía, terapia celular e aplicación biomédica das TIC e da intelixencia artificial (IA) e coordinan a liña de cribado de fármacos. Esta última liña traballa na identificación de novas dianas terapéuticas e no desenvolvemento de fármacos específicos personalizados que maximicen o seu potencial terapéutico minimizando os efectos adversos.
Investimento de 45,6M€ en catro plans
Galicia participa noutros tres plans complementarios: Comunicación
Cuántica, Ciencias Mariñas e Biodiversidade. Para os catro plans, incluído o de Biotecnoloxía aplicada á Saúde, conta cun orzamento global de 45,6M€, dos que 26,5M€ son de fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e 19,1 de fondos propios. Os plans complementarios son unha ferramenta para a posta en marcha de programas de investigación en áreas estratéxicas, cogobernados e cofinanciados polo Estado e as comunidades autónomas. Estes plans aspiran a fortalecer o sistema español de I+D+i establecendo colaboracións e aliñando os esforzos da administración central, as comunidades autónomas e os fondos europeos ante retos clave.
O compromiso da Xunta de Galicia coa biotecnoloxía recóllese na Estratexia de Consolidación da Biotecnoloxía en Galicia que aspira a converter Galicia nunha biorrexión de referencia no horizonte do 2025.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
O CESGA e Brazolinda presentan na Maker Faire Galicia ‘QLAB’, un xogo educativo de inspiración cuántica
Summary:
O obxectivo deste xogo de mesa é divulgar os principios básicos da mecánica cuántica ao tempo que se entreteñen os xogadores
A súa creación é parte dos esforzos de divulgación do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, impulsado pola Xunta e cofinanciado con fondos europeos
Idioma GallegoMañá, sábado 29 de xuño, ás 10,30h e no marco da celebración da X Maker Faire Galicia en Área Central en Santiago de Compostela, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a empresa de deseño e comercialización de xogos de mesa Brazolinda presentan QLAB Laboratorio cuántico. Na presentación participarán a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo; Lois Orosa, director do CESGA, e Irimia Fernández, creadora de Brazolinda.
QLAB, Laboratorio cuántico é un xogo de mesa colaborativo que ten como principal obxectivo aprender os principios básicos da Mecánica cuántica nos que se basea o deseño e funcionamento dos computadores cuánticos. Para iso, incorpora nas normas do xogo conceptos como a superposición ou o entrelazamento, facilitando que os xogadores gañen comprensión destas propiedades da materia que adoitan resultar pouco intuitivas para o común dos mortais.
Tras a presentación do xogo, os asistentes á Maker Faire Galicia, terán oportunidade de testar o xogo nunha partida dirixida polos seus creadores.
Material educativo desde Compostela
QLAB pretende ser pasatempo educativo para os xogadores e unha ferramenta de apoio para educadores e formadores en Física. Está deseñado especificamente para servir como material educativo en etapas de Secundaria, aínda que é apto para ser xogado por calquera que teña interese en gañar coñecemento sobre os conceptos cuánticos e mesmo para quen simplemente goce xogando a xogos de mesa.
A idea orixinal é de Irimia e Brais Fernández Álvarez, da empresa de deseño e comercialización de xogos con sede en Compostela Brazolinda. No deseño do xogo contaron co asesoramento científico de Mariamo Mussa Juane e Guillermo Díaz Camacho, ambos doutores en Física e investigadores en Computación cuántica no CESGA. Os creadores e deseñadores de xogos de Brazolinda e os investigadores do CESGA mantiveron intensas interaccións durante todo o proceso de deseño e testeo de QLAB.
A creación de QLAB é parte dos esforzos de divulgación do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, impulsado pola Xunta de Galicia e que conta con financiamento europeo como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez avoga polo bo uso dos avances tecnolóxicos como ferramenta de progreso e cohesión
Summary:
O conselleiro de Educación participa na inauguración do foro internacional sobre innovación Ecosystems2030 baixo o título ‘Mulleres en liderado’
Idioma GallegoA Xunta de Galicia vai apostar polo impulso e aproveitamento dos avances tecnolóxicos, como a intelixencia artificial, para poñelos ao servizo do desenvolvemento produtivo e a cohesión social. Así se comprometeu o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, con motivo da inauguración do foro Ecosystems2030 baixo o título Mulleres en liderado.
O titular de Ciencia da Xunta avogou por priorizar “as novas tecnoloxías como ferramentas que benefician a inclusión e o fomento das oportunidades” co obxectivo de “lograr a transmisión de coñecemento e repercutir no avance social e económico”.
Román Rodríguez fixo fincapé “na importancia dun desenvolvemento sostible da dixitalización das novas tecnoloxías e no uso adecuado dos recursos”. Isto posibilitará un maior “crecemento económico, melloras na sociedade e combater a brecha de xénero”, engadiu o conselleiro. Non en balde, aproveitou o foro para invitar aos asistentes e relatores a deseñar e programar as novas tecnoloxías dirixíndose a toda a poboación, sen estereotipos e prexuízos. Ao longo do congreso, moitas mulleres líderes nos seus respectivos ámbitos servirán de inspiración para avanzar neste traballo.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025
Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025.
Tema:
Axudas e premios BolsasEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoConvocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-24
Xúntase a Orde do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311E).
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 19 de agosto de 2024 e rematará o día 18 de setembro de 2024.
File:
Orde do 19 de xuño de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 19 de xuño de 2024 (DOG)Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
BoletínResolución da convocatoria dos premios de curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023-2024
Resolución da XII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO Editora.
A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XII edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:
Categoría 1: 2º ciclo de
educación infantil
1º Premio
Caracola, do EEI do Vao (Pontevedra)
Accésit
Quen levou o pemento de Padrón, dos EEI da Escravitude, de Pontecesures, de Arretén e de Extramundi de Arriba, de Padrón (Pontevedra)
Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria
1º Premio
Quen levou a Lúa?, do CEIP Carlos Casares, de Nigrán (Pontevedra)
Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria
1º Premio
Quen levou a Lúa?, do CEIP A Igrexa-Calo, de Teo (A Coruña)
Accésit
Chocolata, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras (Ourense)
Categoría 4: 5º e 6º de
educación primaria
1º Premio
O que ten que aprender un cempés, do CEIP Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Accésit
A sopa queima, do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha (A Coruña)
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos!Tema:
Lingua galega Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Entidades autonómicasColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínRueda destaca a excelencia e o talento do alumnado universitario galego como claves para o futuro da comunidade
Summary:
Salienta o esforzo e dedicación dos 209 estudantes galardoados por contar cun expediente sobresaínte
Subliña a creación de novos másteres, a conxelación das taxas universitarias e a gratuidade da primeira matrícula como algunhas das medidas impulsadas para fortalecer o Sistema Universitario Galego
Idioma GallegoO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o “talento e esforzo” dos universitarios galegos, asegurando que son “a Galicia do futuro”. Así se referiu no acto de entrega dos Premios Fin de Carreira correspondentes aos cursos 2021/2022 e 2022/2023, onde destacou as “horas de estudo e as renuncias a moitas cousas” dos 209 estudantes galardoados polos seus expedientes sobresaíntes.
“Parabéns por acadar este éxito enorme e por ter sido os mellores nun mundo competitivo”, asegurou, ao mesmo tempo que quixo tamén felicitar ás familias e ás tres universidades públicas galegas.
No acto, Rueda comprometeu o apoio da Xunta para seguir fortalecendo un Sistema Universitario galego “excelente”, axustando a oferta académica ás necesidades do tecido produtivo e do propio alumnado. Así, o ano que vén estrearanse 5 másteres novos –Biofabricación, Internet das Cousas e Ensino do Español como Lingua Estranxeira (de carácter interuniversitario entre as tres universidades públicas galegas); Biociencias Moleculares (USC): e Tecnoloxía Téxtil e Moda Sostible (UDC)–.
Ademais, o titular do Goberno galego lembrou que as taxas universitarias levan “conxeladas” 13 anos consecutivos e que, a partir do vindeiro curso, a primeira matrícula para os alumnos de grao e de ensinanzas artísticas superiores será gratis. Unha medida ratificada esta mesma semana no Consello da Xunta, que fará que a comunidade sexa a única na que os estudantes que aproben e vaian cumprindo os requisitos, poidan estudar unha carreira totalmente de balde.
O presidente enmarcou todas estas iniciativas no afán do Goberno galego por impulsar a igualdade de oportunidades e desexoulles moita sorte aos galardoados na nova etapa que hoxe comezan. “Hai talento, hai esforzo e hai futuro en Galicia grazas a vós”, manifestou.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A Xunta destaca o amplo abano de servizos que ofrece o Hub de Innovación Dixital Europeo EDIH DATAlife para a dixitalización do tecido empresarial galego
Summary:
Este proxecto europeo, que aglutina 15 socios científicos, ten como obxectivo introducir tecnoloxías dixitais no tecido produtivo
Idioma GallegoA directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Carmen Cotelo, clausurou esta mañá o evento anual de presentación de resultados e accións futuras do proxecto Hub de Innovación Dixital Europeo EDIH DATAlife. Na súa intervención, Cotelo destacou o amplo abano de servizos e instrumentos de apoio que ofrece ao ecosistema galego de I+D+i co obxectivo de apoiar a incorporación de tecnoloxías dixitais no tecido empresarial galego.
En concreto, 98 entidades solicitaron os servizos que o Hub ofrece no marco do proxecto europeo EDIH DATAlife e 44 participaron nas tres primeiras formacións ofrecidas. Entre os servizos que ofrece, Carmen Cotelo destacou o asesoramento técnico para a implantación de tecnoloxías disruptivas, formación específica, o desenvolvemento de diversas mesas de traballo sectoriais para identificar colaborativamente as necesidades e profundizar nos retos dos diferentes sectores -350 entidades asistiron a estas mesas-, asesoramento sobre financiamento e un labor de comunicación para difundir os instrumentos de apoio entre as empresas e o potencial destas tecnoloxías entre a sociedade en xeral.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou especialmente o labor de escoita activa e de análise que se fai contando directamente co ecosistema, un enfoque que garante que os resultados do proxecto estean aliñados coa demanda dos diferentes sectores que integran o Hub, e animou aos seus socios a seguir traballando na mesma liña.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Relación de proxectos seleccionados. Convocatoria 2024
Publicada a Resolución do 13 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se resolve a convocatoria do programa Espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional no ano 2024, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Tema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
CentrosOs centros de FP galegos contarán o vindeiro curso con 80 aulas de tecnoloxía aplicada, cun investimento de 4,4M€
Summary:
A partir de setembro sumaranse 38 novas aulas, cunha achega de 55.000€ para cada un delas
O conselleiro explica que o programa é unha “oportunidade única para dotar aos centros de equipamento tecnolóxico ao nivel do que atoparán os alumnos nas empresas, o que redunde nunha mellora significativa da súa formación”
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe o Centro Integrado de FP Politécnico de Lugo, onde anunciou que os centros que imparten estas ensinanzas contarán o vindeiro curso con 80 espazos de tecnoloxía aplicada co obxectivo de mellorar a cualificación dos estudantes, permitíndolles a simulación de centros de traballo e contornas laborais reais. Durante a visita estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez.
A Xunta de Galicia vén resolver a convocatoria deste programa para o curso que vén, coa incorporación de 38 novos espazos. Na provincia da Coruña atópanse 14 aulas, dos concellos das Pontes, A Coruña, Betanzos, Carballo, Ferrol, Pontedeume, Ponteceso, Ribeira e Santiago de Compostela; na provincia de Lugo son sete espazos dos concellos de Burela, A Pontenova, Foz, Lugo, Mondoñedo e Monforte de Lemos; en Ourense son seis, de Vilamarín, O Barco de Valdeorras e Ourense, e en Pontevedra hai 11, dos municipios de Cangas, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vigo, Moaña, Pontevedra e O Porriño.
Estes súmanse aos 42 xa en funcionamento, a maior parte deles (36) situados en Centros Integrados de FP. Cada un deles recibirá un orzamento de 55.000€, conformando un investimento total de 4,4M€ nesta iniciativa.
O titular do departamento educativo da Xunta puxo en valor este programa como “unha oportunidade única para dotar aos centros de equipamento tecnolóxico ao nivel do que se van atopar despois os alumnos nas empresas, de tal forma que isto redunde nunha mellora significativa da formación dos titulados da FP galega”.
Empregabilidade e conexión coas empresas
“Esta iniciativa entronca directamente cos obxectivos da Estratexia FP Galicia 2030 e do Plan Innova FP Galicia que, xunto co Plan FPGal360 de orientación profesional integral, son as follas de ruta da Xunta para que o noso modelo de FP acade novas cotas de éxito e, sobre todo de empregabilidade e conexión co tecido produtivo”, afirmou o conselleiro.
O CIFP Politécnico de Lugo é un dos centros que participan xa no programa e que incorporará o vindeiro curso un novo espazo de tecnoloxía aplicada. O novo proxecto consiste nunha aula tecnolóxica de dixitalización, escaneado e fabricación aditiva (Proxecto AT DIESFA). Estará equipada con impresoras 3D, tanto de filamento como de resina, e tecnoloxía de escaneado tridimensional, xunto con software específico para maximizar o uso destes equipos. Ademais, incorporarase unha máquina de medición por coordenadas para complementar as capacidades de verificación e control de calidade dos produtos fabricados.
“Este espazo non só beneficiará ao alumnado de fabricación mecánica, senón tamén a outras áreas como saúde e edificación, apoiando unha ampla gama de disciplinas profesionais e técnicas dentro do centro”, sinalou Román Rodríguez.
Neste sentido, o conselleiro destacou que o Politécnico de Lugo vai incorporar novos ciclos o ano que vén, como o superior de FP Dual Intensiva en Procesos e Calidade na Industria Alimentaria, o máster de FP en Instalación e Mantemento de Sistemas Conectados a Internet e a oferta parcial do ciclo de grao superior en Dietética na modalidade de adultos.
No transcurso da visita, Román Rodríguez tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do espazo de tecnoloxía aplicada que xa está en funcionamento no CIFP Politécnico de Lugo, pensado para facilitar a formación do alumnado en aspectos da Industria 4.0, simulando as contornas laborais a través de recursos didácticos reais e virtuais, software de simulación e xeración de xemelgos dixitais. Isto permite ao alumnado traballar nas principais áreas tecnolóxicas da dixitalización da industria.
Novos espazos
A través do programa de espazos de tecnoloxía aplicada, os centros de FP poden dotar as súas aulas con ferramentas e elementos que simulan as contornas laborais, nas que se poden empregar metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, incorporando recursos apoiados en tecnoloxías dixitais tales como simuladores ou xemelgos dixitais.
Así, os espazos están dotados de equipamento como impresoras 3D, sistemas de realidades inmersivas e de realidade mixta/virtual, sistemas holográficos, recursos de intelixencia artificial aplicada ou equipos informáticos de altas prestacións, entre outros, en función das especialidades e familias profesionais.
O obxectivo é reforzar a conexión das ensinanzas de FP coa realidade dos centros de traballo e dinamizar a transferencia tecnolóxica entre os centros e o tecido produtivo.
Os centros que incorporan os novos espazos para o vindeiro curso son os seguintes:
Concello
Centro
Proxecto
A Coruña
CIFP Imaxe e son
Aula de radio 360 con produción multimedia inmersiva ambisónica e aumentada
A Coruña
CIFP Universidade Laboral
Aula inmervisa VR e de aplicacións AI
A Coruña
IES Urbano Lugrís
Aula de sites 5G
A Pobra do Caramiñal
IES da Pobra do Caramiñal
Espazo tecnolóxico integrado para os coidados auxiliares de enfermaría
A Pontenova
IES Enrique Muruais
Aula tecnolóxica “O Regazal”
As Pontes
IES Plurilingüe Castro da Uz
Aula tecnolóxica de simulación aumentada na FP
Betanzos
IES As Mariñas
Aula automatizada con control virtual, SCADA e realidade aumentada
Burela
IES Perdouro
DixitAula. Operacións e intervencións de alta tecnoloxía
Cangas
IES de Rodeira
Laboratorio de audio e gravación.
Carballo
IES Monte Neme
OnDaS IoTLAB
Ferrol
CIFP Ferrolterra
TERA: Espazo tecnolóxico de enerxías renovables e auga
Ferrol
CIFP Leixa
Leixa saúde 4.0
Ferrol
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
Espazo de investigación e innovación de edificación (EiiE)
Foz
IES de Foz
Aula tecnolóxica do torrado do café
Lugo
CIFP As Mercedes
Conversión de aula eléctrica tradicional en aula tecnolóxica de control e simulación industrial
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Aula tecnolóxica de dixitalización, escaneado e fabricación aditiva (Proxecto AT DIESFA)
Maceda
IES San Mamede
Lab Tech de programación multiplataforma
Moaña
IES Plurilingüe A Paralaia
Aula 4.0
Mondoñedo
IES Plurilingüe San Rosendo
Espazo de produción tecnificado
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Techno Shoemakers
O Barco de Valdeorras
IES Lauro Olmo
Aula Tech para peiteado
O Porriño
IES Ribeira do Louro
Aula-obradoiro polivalente intelixente orientado á pedra natural
Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Espazo tecnolóxico de Intelixencia Artificial e Realidade Estendida
Ourense
CIFP A Farixa
Escenario Virtual Múltiple
Ourense
IES Universidade Laboral
Espazo de Tecnoloxía Aplicada no IES Universidade Laboral
Pontedeume
CIFP Fraga do Eume
Aula Multisensorial Polivalente
Ponteceso
IES Eduardo Pondal
Aula tecnolóxica para a calibración e aliñación de vehículos
Pontevedra
CIFP A Xunqueira
Aula tecnolóxica para a simulación de procesos produtivos na industria da madeira.
Pontevedra
IES Frei Martín Sarmiento
Aula CAD-CAM 4.0
Ribeira
CIFP Coroso
Aceleración Eco: Innovación en electromobilidade
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago
Aula de automatización industrial, robótica e dixitalización do mantemento
Valga
IES Plurilingüe de Valga
Espazo multifuncional de robótica aplicada a soldadura, ensaios, automatismos e impresión 3D.
Vilagarcía de Arousa
CIFP Fontecarmoa
Simulación de tenda e RV para os ciclos de comercio
Vigo
CIFP Audiovisual de Vigo
A aula inmersiva da EAV, ensinando cos tempos
Vigo
CIFP Manuel Antonio
Hotel Lab 5.0: centro de innovación hoteleira
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Aula Robótica 4.0
Vigo
IES Politécnico de Vigo
Aula colaborativa intelixente
Vilamarín
CIFP de Vilamarín
Aula Labintec Laboratorio de investigación tecnolóxica
File:
Espazos de tecnoloxía aplicada na FP Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalAs obras do instituto IES Valle Inclán de Pontevedra recibirán un novo impulso este verán para que todas as aulas estean operativas ao inicio do curso en setembro
Summary:
O director territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, presidiu a reunión da comisión de seguimento dos traballos, que avanzan a bo ritmo
Xa se actuou sobre o 74% da superficie de cubertas e agora estase traballando no interior do edificio
Prevese que a mediados de xullo estean desmontadas as aulas móbiles
Idioma GallegoO director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional na provincia de Pontevedra, César Pérez Ares, participou hoxe na reunión da comisión de seguimento das obras do instituto IES Valle Inclán, de Pontevedra, onde se analizou o avance dos traballos co fin de que todas as aulas estean operativas para o inicio do curso escolar en setembro.
Segundo expuxeron os técnicos que participaron na xuntanza, nestes momentos xa están rematadas as obras das cubertas planificadas para a primeira e a segunda fase, o que supuxo actuar nunha superficie de 1.700 metros, que representa o 74% dos 2.300 metros totais de teito.
Agora durante a época estival estanse desenvolvendo as actuacións das cubertas previstas nas fases terceira e cuarta. Paralelamente, no interior do edificio estase traballando na segunda e terceira fase e desde a próxima semana comezarase coa montaxe da carpintaría exterior ata completar todas as fachadas do centro.
Por outra parte está previsto que a próxima semana se proceda á retirada de todas as pizarras e conexións dixitais das aulas móbiles do exterior e posteriormente, iniciar a desmontaxe das mesmas co obxectivo de que a mediados de xullo quede xa libre o espazo frontal do instituto. Xa en setembro, coas aulas completamente habilitadas e reformadas, iniciaranse as obras da zona administrativa do centro.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional inviste un total de 4,7M€ nesta rehabilitación integral da que é a maior obra que se está realizando nestes momentos nun centro educativo galego. A intervención arrancou a mediados de setembro do ano pasado e prevese que estea totalmente rematada a comezos de 2025.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Román Rodríguez reúnese co alcalde e directores dos centros educativos de Ribadeo para analizar as necesidades do concello
Summary:
A Consellería completará a rehabilitación integral do Colexio CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz cun novo peche perimetral demandado pola comunidade escolar
A Xunta leva investidos case 3,8M€ na mellora dos centros deste concello desde 2009
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, e coas direccións dos colexios CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz e CPR Sagrado Corazón de Jesús, do Instituto IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Centro Integrado de FP Porta da Auga. No transcurso do encontro, ao que tamén asistiu unha representación da anpa co Gregorio Sanz, analizáronse as necesidades desta localidade lucense en materia de ensino.
O titular do departamento educativo da Xunta explicou que se va completar a rehabilitación integral do Colexio CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, na que o Goberno galego investiu case 1M€, coa execución dun novo peche perimetral demandado pola comunidade escolar. Así mesmo, tamén se está a valorar a adaptación dunha casa do consorcio municipal como lugar de encontro da anpa.
“Desde 2009 levamos investidos case 3,8M€ na mellora dos centros educativos de Ribadeo, coa reformas tanto do colexio como do instituto”, destacou Román Rodríguez. Así mesmo, o conselleiro salientou que se vén de instalar un ascensor e está previsto arranxar a casa do conserxe no Centro Integrado de FP Porta da Auga, cuxa oferta formativa se verá incrementada o vindeiro curso cun novo ciclo de FP Dual Intensiva, o de grao superior en Automoción, con 22 prazas.
A visita á Casa Consistorial rematou coa sinatura no libro de honra por parte do representante da Xunta de Galicia.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Listaxe definitiva de cualificacións de carnés e habilitacións profesionais primeira convocatoria 2024
Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da primeira convocatoria 2024 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoÚltimos artigos
Frases
Aristóteles