Skip to Content

Novas da Xunta

Convocatoria do programa para o mantemento e incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital de Galicia

Novas da Xunta - Jue, 11/01/2024 - 14:37
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa para o mantemento e a incorporación de centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades á rede de centros de capacitación dixital da Comunidade Autónoma de Galicia.

File: 

Resolución do 28 de decembro de 2023 (DOG)

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024

Novas da Xunta - Jue, 11/01/2024 - 12:17
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de presentación de solicitudes de inscrición nas probas serán:

Para a primeira convocatoria: do 5 ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Para a segunda convocatoria: do 8 ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.

File: 

Resolución do 3 de xaneiro de 2024 (DOG)

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente Educación de persoas adultas

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Rueda destaca aos estudantes galegos como os mellores embaixadores da comunidade no estranxeiro

Novas da Xunta - Mié, 10/01/2024 - 19:56

Summary: 

Eloxia o labor do centro IES Illa San Simón e o do seus estudantes premiados nacional e internacionalmente

Salienta os bos resultados en educación que o último informe PISA outorga a Galicia

Valora os datos aprobados na Oferta de Emprego Público de este ano

Idioma Gallego

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe aos estudantes galegos como os mellores embaixadores que pode ter a comunidade no estranxeiro.

 

Así o salientou na visita ao IES Illa San Simón, en Redondela. Tres alumnos do centro obtiveron a medalla de bronce na Olimpíada Internacional Xuvenil de Ciencias, celebrada en decembro en Bangkok (Tailandia). Trátase dunha competición global sobre as materias de matemáticas, bioloxía, xeoloxía, física e química, na que participaron estudantes de 54 países dos cinco continentes. Antes, saíran gañadores da fase nacional.

 

Os alumnos galardoados son Carla Acosta, David Lago e Rubén Lago, acompañados pola súa profesora de bioloxía, Tania Martínez. Eran os integrantes do equipo coñecido como Os Raios. O presidente da Xunta dirixiuse aos estudantes para felicitarlles polo gran éxito logrado, destacándolles como exemplo de que todo se pode alcanzar con tesón e compromiso.

 

Na súa intervención, Alfonso Rueda salientou os moi bos resultados alcanzados no último Informe PISA. Segundo os datos que se reflicten, os estudantes galegos son líderes en ciencias e en equidade a nivel nacional.

 

Ademais, o titular do Goberno galego valorou os datos aprobados na Oferta de Emprego Público deste ano, segundo os cales a comunidade sumará este ano 1743 prazas. Para Alfonso Rueda, isto evidencia que Galicia ten a sorte de que moita xente queira ser docente, e así asegura o presente e o futuro do sistema educativo.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria das axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024

Novas da Xunta - Mié, 10/01/2024 - 17:24
Idioma Gallego

Orde do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se realiza a convocatoria das axudas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2024 (código de procedemento ED416A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de marzo de 2024.

File: 

Orde do 18 de decembro de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 18 de decembro de 2023 (DOG)

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria de axudas de mobilidade para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2023/24 en países do programa comunitario Erasmus+

Novas da Xunta - Mié, 10/01/2024 - 17:11
Idioma Gallego

Orde do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade, complementarias ás achegadas pola Unión Europea, para o alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2023/24 en países que teñen a condición de países do programa no programa comunitario Erasmus+ (código de procedemento ED417A).

  • O prazo de presentación será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

File: 

Orde do 15 de decembro de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 15 de decembro de 2023 (DOG)

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Universidades Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2023/2024

Novas da Xunta - Mié, 10/01/2024 - 12:52
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 10 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 11 de xaneiro ata o 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Tema: 

Programas e plans eduemprende

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta envía aos sindicatos da Mesa Sectorial a proposta de distribución por especialidades das 1.743 prazas de oposicións do ensino público neste ano

Novas da Xunta - Mié, 10/01/2024 - 11:00

Summary: 

O 86% das prazas que se ofertarán nas probas son de novo ingreso.

Un total de 520 son de mestres, 875 de profesores de ensino secundario, 84 de especialistas en sectores singulares da FP e 33 de docentes de escolas de idiomas.

As 231 restantes son para que funcionarios docentes poidan acceder ao corpo de profesores de ensino secundario (220) ou ao de inspectores de educación (11).

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia enviou esta mañá ás organizacións sindicais da Mesa Sectorial a proposta de distribución por especialidades das 1.743 prazas de oposicións para o ensino público neste ano 2024. Esta proposta analizarase o vindeiro martes 16 na reunión deste órgano, á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades levará tanto o decreto de oferta pública de emprego como a convocatoria das probas que se celebrarán, como é habitual, a final de curso.

 

Das 1.743 prazas, un total de 1.512, o 86%, son de novo ingreso. Delas, 520 son para o corpo de mestres, 875 para o de profesores de ensino secundario, 84 do novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 33 de escolas oficiais de idiomas.

 

A distribución por especialidades é a reflectida nas seguintes táboas:

 

Corpo de mestres

520 prazas, oito especialidades

Especialidades

Prazas

Educación Infantil

50

Lingua Estranxeira: Inglés

65

Lingua Estranxeira: Francés

50

Educación Física

40

Música

20

Pedagoxía Terapéutica

110

Audición e Linguaxe

80

Educación Primaria

105

 

Corpo de profesores de ensino secundario

875 prazas, 34 especialidades

Especialidades

Prazas

Filosofía

24

Latín

10

Lingua Castelá e Literatura

36

Xeografía e Historia

29

Matemáticas

24

Física e Química

20

Bioloxía e Xeoloxía

10

Debuxo

15

Francés

10

Inglés

80

Música

10

Educación Física

46

Orientación Educativa

21

Tecnoloxía

60

Lingua Galega e Literatura

80

Economía

22

Administración de Empresas

15

Formación e Orientación Laboral

20

Informática

50

Intervención sociocomunitaria

22

Organización e Xestión Comercial

17

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

19

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

20

Procesos de produción agraria

11

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

16

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

10

Instalacións electrotécnicas

18

Operacións e equipamentos de produción agraria

10

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

13

Procedementos sanitarios e asistenciais

18

Procesos comerciais

11

Procesos de xestión administrativa

25

Sistemas e aplicacións informáticas

65

Equipos electrónicos

18

 

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP

84 prazas en cinco especialidades

Especialidades

Prazas

Cociña e pastelería

10

Fabricación e instalación de carpintería e moble

11

Mantemento de vehículos

25

Mecanizado e mantemento de máquinas

28

Soldadura

10

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

33 prazas en tres especialidades

Especialidades

Prazas

Francés

11

Galego

7

Inglés

15

 

Acceso ao corpo de Inspectores de Educación

Especialidade

Prazas

Inspección Educativa

11

 

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario

Especialidades

Prazas

Filosofía

6

Latín

2

Lingua Castelá e Literatura

9

Xeografía e Historia

7

Matemáticas

6

Física e Química

5

Bioloxía e Xeoloxía

2

Debuxo

4

Francés

2

Inglés

20

Música

2

Educación Física

12

Orientación Educativa

5

Tecnoloxía

15

Lingua Galega e Literatura

20

Economía

6

Administración de Empresas

4

Formación e Orientación Laboral

5

Informática

13

Intervención sociocomunitaria

6

Organización e Xestión Comercial

5

Organización e Procesos de Mantemento de Vehículos

5

Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica

5

Procesos de produción agraria

3

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

4

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

2

Instalacións electrotécnicas

5

Operacións e equipamentos de produción agraria

2

Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico

3

Procedementos sanitarios e asistenciais

5

Procesos comerciais

3

Procesos de xestión administrativa

6

Sistemas e aplicacións informáticas

16

Equipos electrónicos

5

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Xunta e sindicatos supervisan a posta en marcha das primeiras medidas do acordo de mellora estrutural do sistema educativo

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 17:12

Summary: 

Este mes entran en vigor as cláusulas referidas aos incrementos retributivos de complementos por formación, por desempeño de funcións directivas e de titoría.

Analizan as instrucións de admisión do curso que vén, que incorporan xa as novas rateos acordadas coas organizacións sindicais.

Na reunión tamén se informou da constitución de grupos por etapas educativas para a simplificación administrativa, conforme ao pactado sobre a redución da burocracia.

Idioma Gallego

O director xeral de Centros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Jesús Álvarez, reuniuse hoxe con representantes das organizacións sindicais CCOO, Anpe e UGT-SP Ensino na primeira xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo para a Mellora do Sistema Educativo de Galicia.

 

No encontro supervisouse a posta en marcha das primeiras medidas deste pacto, entre elas as referidas ás melloras das condicións salariais, ás novas rateos ou á simplificación da carga administrativa nos centros escolares.

 

Este mesmo mes entran en vigor as cláusulas do acordo referidas á consolidación da carreira profesional docente primando a adquisición de competencias e a especialización a través da mellora dos complementos específicos por formación permanente do profesorado, por funcións directivas e de titoría, que xa se van aplicar nas nóminas de xaneiro.

 

Aplicación das novas rateos

Ademais, na xuntanza analizáronse as instrucións para o proceso de admisión do curso 2024/25, que incorporan xa as novas rateos, e que hoxe mesmo se remiten aos centros. Así, especifícase que á hora de configurar a oferta de prazas, en 4º de Educación Infantil, a rateo máxima é de 20 postos por unidade, fronte aos 25 actuais.

 

Nos demais cursos (5º e 6º de Infantil e de 1º a 6º de Primaria), o próximo curso non se vai incrementar o número de alumnos que teñen na actualidade, xa que non se van ofertar prazas vacantes para completar ata os 25 que marca a rateo vixente. Por exemplo, se nunha aula hai hoxe 21 alumnos, o próximo curso seguirá tendo, como máximo, eses 21 alumnos, e non se cubrirán vacantes ata completar os 25 como se viña facendo ata o de agora. O mesmo ocorrerá para os casos de 22, 23 e 24 alumnos matriculados.

 

Tamén se indica que, para computar o número de postos escolares, contarase como dous postos escolares cada alumno con discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% ou cun grao I de dependencia ou cun trastorno grave de conduta e como tres os dos escolares cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65% ou co nivel II ou III de dependencia.

 

En canto ao calendario, o prazo de presentación abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro para as solicitudes de reserva de praza (para alumnado procedente de centros adscritos) e do 1 ao 20 de marzo para as solicitudes ordinarias de admisión (alumnos que entran por primeira vez no sistema educativo ou que desexa cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles).

 

Grupos de traballo para simplificación administrativa

No que atinxe a outra das demandas das organizacións sindicais como é a simplificación administrativa e a redución da burocracia, dentro deste mes de xaneiro constituiranse os grupos de traballo encargados de elaborar o plan a implantar no curso 2024-25, tal e como quedara recollido no acordo.

 

Trátase de catro grupos a razón de un por cada unha das ensinanzas (Infantil e Primaria, ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas Especiais), que estarán integrados cada un deles por cinco persoas (catro representantes de equipos directivos e un inspector-coordinador) e que comezarán a traballar xa desde febreiro co obxectivo de elevar propostas de mellora antes de que remate o curso co obxecto de que se poidan implantar no inicio do seguinte curso 2024-25.

 

Tal e como explicou o director xeral, haberá catro grupos de traballo, unha para as etapas de Infantil e Primaria, outro para ESO e Bacharelato, un terceiro para os Centros Integrados de FP e outro para os que imparten Ensinanzas de Réxime Especial (escolas oficiais de idiomas, conservatorios...). Cada un deles estará integrado por cinco persoas (catro representantes de equipos directivos e un inspector-coordinador), que comezarán a traballar xa desde febreiro. A maiores, haberá un grupo de coordinación xeral, formado por representantes da Administración educativa, das organizacións sindicais asinantes do acordo e da Xunta autonómica de Directores.

 

O obxectivo destes grupos é elevar propostas de mellora antes de que remate o curso co obxecto de que se poidan implantar no inicio do seguinte curso 2024-25.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A Escola Pablo Picasso da Coruña dá a coñecer traballos e documentación académica do artista entre os anos 1892 e 1895

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 16:58

Summary: 

  • A mostra conta con variadas láminas, ilustracións da cidade e as notas sobresaíntes de Picasso.

Román Rodríguez pon en valor “a pegada artística que garda Picasso da súa formación coruñesa” na última das exposicións conmemorativas polo seu aniversario.

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Pablo Picasso a exposición Picasso, alumno desta escola, unha mostra que pon o colofón á intensa celebración do 50º aniversario do pasamento do artista malagueño.

 

Picasso, alumno desta escola reúne modelos orixinais da época nos que traballaba o artista para posteriormente reproducir as súas obras e láminas dos tres anos que cursou Pablo Picasso no centro (1892-1895). Alí, onde conseguiu praza como profesor de debuxo o seu pai, “aprendeu os primeiros fundamentos do debuxo, publicando en 1894 a súa primeira obra mestra: unha rapaza descalza, nena pobre como moitas daquela época”, indicou Román Rodríguez. Así mesmo atópanse ilustracións sobre o fauno, o home con cordeiro ou as bacanais, temas que debuxa Picasso na Coruña e que reproducía a partir de modelos de xeso.

 

O titular de Cultura da Xunta fixo un percorrido pola exposición, na que tamén se atopan facsímiles da documentación académica que o centro conservou, e que este ano se transferiron ao Arquivo do Reino de Galicia para o seu acceso e estudo. Esta documentación dá conta do talento que despuntou neses primeiros anos Picasso: notas sobresaíntes, como amosan as súas cartillas.

 

Esta mostra, na que a maioría das ilustracións se relacionan coa Coruña ou con evocacións mitolóxicas, subliña a “importancia que os anos galegos de formación tiveron na memoria artística do andaluz”, destacou o conselleiro, quen tamén puxo en valor a traxectoria da EASD Pablo Picasso, a escola de arte máis antiga de Galicia, nada en 1849. Ao longo da súa historia pasaron polas súas aulas importantes figuras como Román Navarro, Lolita Díaz Baliño, Ángel Senra, María Barbeito ou Santiago Casares Quiroga, entre moitos outros. Actualmente o centro, dirixido por Elena Pardo, conta con máis de 400 alumnos, implicados en todos os programas e actividades culturais que organiza a EASD Pablo Picasso.

 

Media ducia de exposición conmemorativas

“Pablo Picasso, o mestre universal, foi na Coruña un alumno brillante, crítico, traveso e xenial, que gardou a pegada da súa formación coruñesa durante toda a súa vida”, dixo Román Rodríguez. “Con esta exposición, a Escola contribúe a ampliar os eventos realizados durante o 2023 para celebrar o seu inmenso legado na Historia da Arte”, engadiu.

 

Esta cita súmase á mostra Picasso, branco no recordo azul no Museo de Belas Artes da Coruña, e toda a programación paralela ao seu redor, e A Escuela de Bellas Artes da Coruña e Picasso no Arquivo do Reino de Galicia. Así mesmo, a Fundación Camilo José Cela tamén organizou a mostra Picasso Vivo. El legado picassiano de Camilo José Cela e o Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira acolleu as exposicións Homenaxe a Pablo Picasso e Gravados ao linóleo de Pablo Picasso, así como obradoiros de linogravado.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Listaxe definitiva de cualificacións de carnés e habilitacións profesionais segunda convocatoria 2023

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 16:51
Idioma Gallego

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2023 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Novas da Xunta

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 16:43
Idioma Gallego

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

A Xunta, armadores e confrarías de Burela afondan na especialización do ciclo de FP dual en Navegación e Pesca de Litoral no IES María Sarmiento

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 16:16

Summary: 

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, reuniuse con armadores e representantes das confrarías de Lugo e Burela para analizar a posibilidade impulsar un novo proxecto.

Actualmente están matriculados un total de 13 estudantes neste grao medio no instituto viveirense, nun programa que conta coa colaboración do porto de Celeiro.

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Instituto IES María Sarmiento de Viveiro, onde se reuniu con armadores de Burela, coa secretaria da Federación Provincial das Confrarías de Pescadores de Lugo, Carmen Abad, e co presidente da Confraría de Pescadores de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero. O obxectivo do encontro é afondar na posibilidade de poñer en marcha un proxecto de FP Dual no curso 2024/25 do ciclo de grao medio en Navegación e Pesca de Litoral neste centros en colaboración con esta entidade.

 

Na reunión abordouse o deseño dun plan formativo especializado e axustado ás necesidades do sector pesqueiro de Burela e a colaboración dos armadores de poñer a disposición do instituto viveirense postos formativos nos seus barcos para o alumnado que realice estas ensinanzas.

 

Este ciclo alternaríase co implantado este curso, tamén de FP Dual en Navegación e Pesca de Litoral no IES María Sarmiento de Viveiro, en colaboración coa flota do porto de Celeiro, no que están matriculados 13 alumnos.

 

O obxectivo é dar resposta á necesidade manifestada polo sector de persoas que poidan exercer as funcións patróns costeiro polivalente debido á escaseza de titulados neste eido, malia á altísima inserción laboral da que goza na Mariña lucense.

 

As persoas que obteñen o título neste ciclo poderán desempeñar funcións de patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca; oficial e oficial de ponte en buques mercantes, pesqueiros ou de pasaxeiros; mariñeiro pescador ou de ponte, inspector de frota ou supervisor de montaxe de artes e aparellos de pesca, entre outros.

 

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria do programa educativo "Que non te líen, ti elixes"

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 15:47
Idioma Gallego

Resolución conxunta de 9 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pola que se convoca o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

Anuncio principal: 

Convocatoria do programa educativo “Que non te líen, ti elixes”

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Resolución definitiva de centros públicos beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos no curso 2023/24

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 14:08
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución provisional de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.

Abrirase un prazo de 5 días hábiles, a partir do día seguinte da publicación, para que as persoas interesadas poidan efectuar alegacións contra a mesma ou presentar renuncias ante a persoa que exerza a presidencia da comisión de valoración.

Anuncio principal: 

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24

Tema: 

Lingua estranxeira

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín
Categorías: Novas da Xunta

Convocatoria Erasmus+ para persoal de FP superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 13:15
Idioma Gallego

Publícase a Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Tema: 

Programas e plans Programas europeos e internacionais

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Aulas de emprendemento na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Novas da Xunta - Mar, 09/01/2024 - 13:05
Idioma Gallego

Convócase o programa de Aulas de emprendemento destinado a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ensinanzas de Formación Profesional durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 10 de xaneiro ata o 20 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Tema: 

Información xeral Programas e plans

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Premios a proxectos de innovación na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Novas da Xunta - Lun, 08/01/2024 - 16:36
Idioma Gallego

Publicada a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta

Resolución da convocatoria do IX Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2022/23

Novas da Xunta - Lun, 08/01/2024 - 16:27
Idioma Gallego

Xúntase o arquivo coa resolución pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme o Apartado 9 da Resolución do 13 de abril da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o IX Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para o curso 2022/2023.

Anuncio principal: 

IX Concurso de Traballo por Proxectos. Convocatoria 2022/2023

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín
Categorías: Novas da Xunta
Contenido sindicado


by Dr. Radut