INFORMACIÓN XERAL DE INTERESE (DATAS, HORARIOS, PRAZOS MATRÍCULA...)
Tedes toda a información na web da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia)
PROCEDEMENTO DE REALIZACIÓN
Instrucións onde se detalla o procedemento para a realización da ABAU (Avaliación de Bacharelato para o acceso á Universidade).
PARÁMETROS DE PONDERACIÓN
Xa está publicada a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso escolar 2017/2018.
PRAZO ATA O 23 de XUÑO
MODELO DE SOLICITUDE
Acceso á sede electrónica da Xunta onde se pode descargar o modelo de solicitude
NORMATIVA APLICABLE
Do 24 ao 27 de maio alumnado de 1º de Bacharelato está a disfrutar dunha viaxe didáctica a Dublín (Irlanda) acompañado polos profesores Amancio Liñares e Kety Lois. Coma sempre, podedes ver as fotos no facebook do instituto.
A nosa alumna Lara López, xunto con Brais Rodríguez do IES Rio Cabe de monforte e Daniel Piqueras do IES Perdouro de Burela serán os representantes galegos na fase nacional da Olimpiada Matemática que terá lugar en Valladolid do 21 ao 25 de xuño. Bravo Lara!
O alumnado da sección bilingüe e o profesorado acompañante xa se atopan en Londres disfrutando e aprendendo un montón.
El Correo Gallego adica unha páxina aos éxitos do IES Xulián Magariños nas competicións de debate onde participa o noso alumnado
Esta semana organizamos unha serie de actividades e exposicións para todas as persoas interesadas en aprender máis sobre os procesos de impresión 3D e as súas posibilidades. Haberá proxeccións de vídeos explicativos, mostra de obxectos impresos nas impresoras 3D do centro e posibilidade de ver as impresoras en acción.
A alumna de 2º ESO Lara López pasou á Fase Final da Olimpiada Matemática, que se celebrará en Lugo o vindeiro xoves día 18.
Noraboa e moita sorte!
O pintor e ilustrador de Logrosa, D. Xosé Cobas fixo doazón dun lote de publicacións para CEIBAR (Centro de Estudos e Investigacións Barcalesas) do IES Xulián Magariños, xesto polo que a comunidade educativa do noso centro quere expresarlle o seu agradecemento.