O proxecto presentado polo profesorado de ciclos formativos foi ben acollido polos pais e nais do alumnado.
Dan comezo as actividades. Onte charla moi interesante de Xurxo Mariño, sobre memoria e neurociencia. O poñente mostrouse disposto a vir algún día a partir de xaneiro para impartir outra conferencia ao alumnado. O profesorado proxecta facer algún proxecto nas distintas áreas en relación coa memoria nas súas diferentes acepcións.
Ademáis os compañeiros/as propoñen que o premio científico do curso próximo leve o seu nome.
Achégase o calendario de inicio de curso.
Pulse na imaxe para ver en formato grande e descargar o documento orixinal en formato PDF.
Pulse na imaxe para ampliar
O luns 26 de xuño comezaba o prazo de inscrición a ciclos formativos de FP de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e réxime para persoas adultas.
Lembramos que a normativa aplicable é a Orde do 15 de xuño de 2016 de admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros sostidos con fondos públicos. De todos xeitos en virtude da aplicación do Real decreto-lei 5/2016 desenvolvido polo Real decreto 562/2017, que modifica a disposición derradeira quinta da LOMCE, as avaliacións finais de etapa da ESO e do Bacharelato non terán valor académico; ademais todos os títulos de graduado na ESO poderán acceder indistintamente ás ensinanzas de educación secundaria postobrigatoria (grao medio e bacharelato).
EXAMES DE SETEMBRO
A realización dos exames de setembro é obrigatoria para o alumnado que suspendeu en xuño.
Alumnado de bacharelato: os exames terán lugar o venres 1 de setembro e o luns 4 de setembro.
Alumnado de ESO : Os exames terán lugar o venres 1, luns 4 e martes 5 de setembro.
Ver comunicado do centro co calendario de exames
MATRÍCULA DE SETEMBRO
Os días para formalizar a matrícula en setembro serán
Xoves 7 de setembro : para 1º, 2º e 3º de ESO
Venres 8 de setembro: para 4º ESO, e 1º e 2º de bacharelato
Este programa de becas ten dúas modalidades :
a) Axudas e subsidios para alumnado con NEAE derivada de discapacidade ou transtorno grave de conducta.
b) Axudas para programas complementarios a alumnado con NEAE asociada a altas capacidades.
PRAZO DE SOLICITUDE ATA O 28 DE SETEMBRO
Información sobre as becas para estudos non universitarios concedidas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para alumnado que se matricule en 1º e 2º de bacharelato ou en Formación Profesional de grao medio ou superior.
O prazo de solicitude remata o 3 de outubro
Ir á web do ministerio para consultar toda a información
Ligazón á sede electrónica para solicitude en liña
Xa se finalizaron as obras de mantemento programadas durante o verán, entre elas os arranxos nos baños do ximnasio, temas de fontanería, melloras de seguridade nas aulas e no laboratorio de Francés.
Mes de agosto, calquera trámite de urxencia poderá ser solicitado no correo electrónico: ies.xulian.magarinos@edu.xunta.es
ou, no caso de dúbidas, ao teléfono móbil: 630 058 080
![IES Xulián Magariños RSS Distribuir contido](/centros/iesxulianmagarinos/misc/feed.png)