Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Acaba de saír publicada no D.O.G. a convocatoria de fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar. O prazo de solicitude será ata o 21 de xuño - A axuda de material escolar a pode pedir todo o alumnado que vaia cursar de 1º a 4º ESO no vindeiro curso 24-25. Son 75€ para alumnado con renta per cápita familiar ata 6000€ e 60€ se a renda per cápita familiar está entre 6000 e 10000 euros. - O Fondo solidario de libros no noso centro xa non se aplica pois todos os cursos de ESO pasan a ser EDIXGAL.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de imposibilidade de tramitalo completamente por vía electrónica tamén podería facelo : a) de forma presencial pero coa asistencia da aplicación FONDO LIBROS (neste caso cubra os datos na aplicación fondolibros (xunta.gal) imprima os ANEXOS I e II, asíneos e entrégueos no centro educativo acompañados do resto da documentación necesaria) , sendo este o seguinte método máis aconsellable pois evita erros de transcripción dos datos da solicitude b) cubrir de xeito manual os ANEXOS e presentalos no centro ou en calquera dos rexistros e lugares legalmente establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo En calquera dos dous casos consulte estas instruccións e preséntese no centro nos días indicados nese documento - Pode haber unha axuda adicional ao alumnado con discapacidade maior do 65% cando, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no centro. Solicite información no centro.
Proximamente abrirase o prazo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso 2023-2024 do alumnado de ESO e Bacharelato. É moi importante que respeten no posible o seguinte calendario e horario para evitar aglomeracións e axilizar o proceso. A data límite será en todo caso o 7 de xullo. Alumnado que vai cursar
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, fotocopia DNI pai e nai, 2 fotos actuais)
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual)
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar)
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 2 fotos actuais, resgardo do abono do seguro escolar)
(documentación adicional a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, resgardo do abono do seguro escolar) SOBRES DE MATRÍCULA Os sobres están dispoñibles en conserxería. Aparte do impreso de matrícula inclúen o impreso para o pago do seguro escolar, impreso de inclusión en alerta escolar Lembramos que o alumnado a partir de 3º ESO e ata os 28 anos de idade, ten que aboar o Seguro Escolar Obrigatorio (1,12 euros) IMPRESOS DE MATRÍCULA A EFECTOS INFORMATIVOS
O equipo de Biblioteca ten un espazo nas redes para a difusión, colaboración e intercambio das actividades efectuadas no Programa lectura e familias. Atoparedes propostas e contidos de gran interese. Parabéns a todos os participantes no programa.
E para que pasedes un bo rato de lectura neses días de descanso, o equipo de biblioteca ten interesantes propostas para vós. (clicade na imaxe para ver en detalle)
|