IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio › Eventos

  

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
  • Mes
  • Week
  • Táboa
  • Lista
« Xoves Febreiro 25, 2021 »
Xov
(story)
Concurso de murais co gallo do Día da Muller
Data25/02/2021

O equipo de igualdade convoca un concurso de deseño de murais para o Día da Muller. O deseño gañador, aparte dun premio en metálico, será reproducido a gran tamaño nunha parede dos patios!!

BASES

Rematado o prazo de presentación queremos agradecer a todo o alumnado participante a calidade e a orixinalidade dos traballos presentados. Aquí tedes unha escolma

GALERÍA DE TRABALLOS PRESENTADOS

FALLO DO XURADO
O xurado composto polo profesorado integrante do Grupo de Traballo de Igualdade e a xefa do departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual vén de decidir o gañador do concurso, que é o alumno Josué Martínez Delgado de 3º de ESO A co mural titulado Xuntas somos máis fortes. Josué terá a posibilidade de pintar o seu mural nunha parede do centro e recibirá un vale de 100 euros para gastar no comercio de Negreira en material didáctico, deportivo, electrónico ou artístico.

Dada a calidade dos traballos presentados, o xurado decidiu outorgar un 2º e 3º premio, que consistirán nunha camiseta cos seus deseños impresos e a oportunidade de pintar tamén os seus traballos na parede, ás seguintes persoas:

2º premio: Álvaro Rodríguez Pais de 3º de ESO C "Loitemos coas palabras"
3º premio: Carola Caamaño Fernández de 1º de ESO A "Stop machismo"

O xurado fai unha mención especial ao traballo do alumno Antón Sanmartín Rodríguez de 1º de ESO C, xa que non puido ser premiado por levar o seu traballo imaxes impresas imposibles de reproducirse con pintura. Porén, solicítanlle ao alumno unha versión con imaxes de calidade suficiente para ser impresa en gran formato e exposta no interior do centro, dada a orixinalidade da súa idea e o axeitado do contido ensalzando figuras históricas moi relevantes para o feminismo.

Odris Michelle Domínguez Eusebio, de 1º de FP Básica de Comercio, resultou finalista e recibirá un pendrive e o libro "A noite da deusa" de María López Sandez.

Parabéns a todas as persoas gañadoras!

Aquí vos deixamos o traballo gañador.

Add to iCalendar
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Servizos complementarios
  • Instalacións
  • Oferta educativa
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

CURSO 20-21

  • Declaración responsable (para entregar o día da presentación)
  • Autoenquisa síntomas COVID (facer diariamente)
  • Plano de entradas
  • Guía das familias
  • Plan de adaptación á situación COVID-19
  • Calendario escolar 20-21
  • Resumo programacións didácticas
  • Protocolo Actividades Extraescolares
  • Libros de texto
  • Seguro Escolar

Eventos

« Febreiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728

Novas

  • GUÍA DO CURSO 2019-2020
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/21 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016