Eventos
Lembramos a todo o alumnado que ten autorización para saír nos recreos que, dadas as novas restricións ditadas pola Xunta de Galicia, a partir de mañán non poderán pasear por Negreira en grupos de non convivintes. Os que así o desexen poderan saír de forma individual, ou ben permanecer no patio do centro ou na biblioteca ata completar o aforo. A dirección.
Coa colaboración da ANPA acaba de instalarse unha gran carpa de 300 m2 no patio dianteiro do centro que mellorará a seguridade e confort do alumnado. Agora será mais doada a práctica de actividade física no exterior e o mantemento da distancia de seguridade durante os perçiodos de recreo nos días de chuvia e vento, xa que a marquesiña orixinal do centro resultaba pequena.
Será por actividades !!... a vindeira semana visitaremos acuarios, falaremos con científicas, cambiará a nosa perspectiva sobre os estudos de soldadura e construccións metálicas, revisaremos o estado ambiental do centro e aínda teremos tempo para seguir os tolos mandatos do meco xa que se achega o Carnaval!
Se queres coñecer de preto o noso concello podes descargar a Guía turística de Negreira, unha publicación coordinada polo noso compañeiro e profesor de Xeografía e Historia Amancio Liñares.
Segunda tanda de traballo na Auditoría medioambiental do centro. Transcorridos dous meses dende a última limpeza, os alumnos recolleron máis de 10 bolsas de residuos que estaban espallados polos patios e xardín. Principalmente trátase de envases de plástico, como xa o demostrou a análise dos residuos atopados na primeira fase do traballo.
Definitivamente temos un problema recorrente con este tipo de envoltorios. Precisamos de máis concienciación (non só no centro, tamén no entorno familiar e social. Non se trata só do feísmo ou do problema medioambiental que xeran: pensemos que a maioría dos alimentos que estaban envoltos neses plásticos non son o que os expertos en nutrición consideran nutricionalmente correctos.
De novo moitas grazas ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía por organizar este tipo de actividades, e facemos un chamamento as familias para que dialoguen e debatan cos seus fillos sobre esta problemática.
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
Gustaríache cursar alguna de estas ensinanzas pero non tes a ESO ou o Bacharelato ou un título profesional que te permita acceder a eses estudos? Consulta aquí. Prazo do 18 de febreiro ata 3 de marzo para ciclos superiores, e do 15 de marzo ao 26 de marzo para acceder a ciclos medios.
Necesitas o título da ESO e tes máis de 18 anos? Podes acadalo superando esta proba. O prazo é do 8 ao 18 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a convocatoria de setembro
Probas para obter determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais
Queres exercer algunha ocupación no ámbito da seguridade industrial? (Carné profesional de instalacións térmicas de edificios, operador de grúa, operador de caldeiras industriais, instalador de gas, operador de produtos petrolíferos líquidos, sistemas frigoríficos con refrixerantes flourados...) Infórmate aquí.
Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos
Neste caso o prazo de inscrición é do 3 ao 10 de marzo.
Aquí podedes consultar modelos de exame de anos anteriores para orientarvos na preparación das probas de ESO e Bacharelato.