Eventos
Mér | ||
---|---|---|
Despedimos hoxe con grande emoción a Pedro, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, un dos veteranos da plantilla docente do IES Xulián Magariños. Pedro Núñez Ferreiro, excelente profesional e mellor compañeiro, levaba con nós nada máis e nada menos que 28 anos. Tantos como tempo leva guiando ao noso alumnado nas saídas á natureza, das que é verdadeiro experto e entusiasta. Desexámoste moita sorte nas túas futuras ocupacións. E que saibas que aínda que a situación sanitaria non o permite polo de agora, espérate unha boa comilona de despedida. Unha aperta enorme! |