Eventos
Informamos que a aula virtual xa está funcionando. Os titores/as dos grupos proporcionarán ao alumnado o seu usuario e contrasinal para poder acceder ao material das diferentes materias.
A aula virtual do centro tamén se pode seguir dende teléfono móbil coa aplicación oficial MOODLE descargable en Play Store ou App Store de Apple.
Despedimos hoxe con grande emoción a Pedro, do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, un dos veteranos da plantilla docente do IES Xulián Magariños.
Pedro Núñez Ferreiro, excelente profesional e mellor compañeiro, levaba con nós nada máis e nada menos que 28 anos. Tantos como tempo leva guiando ao noso alumnado nas saídas á natureza, das que é verdadeiro experto e entusiasta.
Desexámoste moita sorte nas túas futuras ocupacións. E que saibas que aínda que a situación sanitaria non o permite polo de agora, espérate unha boa comilona de despedida.
Unha aperta enorme!
Confiamos na creatividade e talento do alumnado do noso centro para aportar alegría aso espazos do centro por medio das súas fotografías. Por iso convocamos un concurso fotográfico no que pode participar todo o alumnado do centro .
PRAZO : Ata 6 de novembro
MOTIVO: Fotografías relacionadas co Outono
PREMIOS: tres premios de 50, 30 e 20 euros e diploma.
Poden consultarse as listaxes de axudas concedidas e non concedidas nas listaxes expostas no taboleiro de anuncios na entrada do centro.