Eventos
Ven | ||
---|---|---|
O día da presentación acudirán unicamente os grupos convocados, e non haberá transporte escolar. As clases comezarán con normalidade, para todos os grupos, o luns día 28. O horario de mañá varía un pouquiño e será de 8:40 a 14:30 cun único recreo de 50 minutos. As normas en detalle seranlles explicadas a cada grupo polos seus titores/as no día da presentación, que será no calendario seguinte: 23 de setembro, mércores:
24 de setembro, xoves:
25 de setembro, venres:
O alumnado esperará no patio exterior, mantendo a distancia establecida, a ser chamado polo seu titor/a.
MÁIS INFORMACIÓN O documento ACTUACIÓNS DE PREVENCIÓN, HIXIENE E PROTECCIÓN - SEGUNDO O ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 estará colgado na web do centro para que todas as familias podan consultar en detalle as diferentes medidas que se desenvolverán durante este curso. Aquí podedes consultar un resumo do Plan de Adaptación do centro ao contexto da COVID-19. Recomendamos encarecidamente a súa lectura. |