Eventos
Mar | ||
---|---|---|
Con motivo da conmemoración do día 25 de novembro "Día internacional conta a violencia de xénero" terán lugar dúas actividades ao longo da vindeira semana. O luns 26 haberá un recital poético organizado polo departamento de Galego. Do martes 27 ao venres 30 dentro do programa ·Por 365 días de respecto e igualdade" conducido polo departamento de orientación, no salón de actos poderase asistir a proxección dun ciclo de curtamentraxes de autora nos que se trata o tema da violencia de xénero dende diferentes perspectivas. Aquí tedes o programa:
PROGRAMA DO CICLO DE CURTAMENTRAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Na comarca barcalesa (concellos de Negreira e A Baña), ata 1981, quen quería superar os estudos primarios tiña tres opcións: marchar fóra, prepararse por libre na Academia de Negreira ou cursar a FP Agraria ofertada no Colexio Rural. Pero dende o curso 1981-82, a vila do Cotón, e para a contorna toda, ofreceu unha novidosa e útil opción ó alumnado: o Colexio Municipal Homologado de Bacharelato (CMHB) –sempre chamado Instituto–, que levaba dereito ó título de bacharel, impartindo os estudos de BUP e COU. Abría as portas á FP superior e á Universidade. Nesa década de 1980 para as xestións administrativas e documentación oficial, o CMHB de Negreira dependía do Instituto de Ordes. IES Xulián Magariños Negreira, outono de 2023. |