Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
O alumnado de 3º de ESO traballou durante o segundo trimestre a época do Renacemento nas materias de Xeografía e HIstoria, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa. Ao longo do trimestre foron elaborando unha serie de pósters, tanto traballando en grupo como de forma individual, recabando información en diferentes páxinas web, compartíndoa a través da Aula VIrtual e utilizando a aplicación Postermywall. Aquí tedes unha pequena mostra do resultado, que en breve poderedes contemplar en forma de exposición nos corredores do centro. Podedes descargar aquí os pósters en formato PDF
A iniciativa do alumnado de 3º que participará na visita a Londres no mes de maio, organizouse a actuación do monologuista Pedro Brandariz o vindeiro venres 13 de abril no Auditorio Novo do Centro Sociocultural de Negreira. Publícase a Orde de 21 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. |