Eventos
Lun | ||
---|---|---|
Hoxe tivemos a sorte de contar con María Victoria Otero Espinar, profesora do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas da USC, para entregar os diplomas as gañadoras do Premio que leva o seu nome. O premio foi para o traballo titulado "Estudo de habitos saudables entre o alumnado do IES Xulián Magariños", presentado baixo o pseudónimo de Equipo NASA foi elaborado polas alumnas:
Concedeuse ademáis un accésit ao traballo titulado "Spirularia, un caso de biomimética no Val de Barcala" realizado por Parabéns e o noso agradecemento a todos/as participantes. A vicedirectora, Clara Rodríguez entrégolle unha chave cos traballos premiados. Moitas grazas por todo en nome da Comunidade Educativa. AQUÍ PODEDES CONSULTAR O TRABALLO GAÑADOR, que seguro será do voso interese. O luns 26 de xuño comezaba o prazo de inscrición a ciclos formativos de FP de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e réxime para persoas adultas. Lembramos que a normativa aplicable é a Orde do 15 de xuño de 2016 de admisión a ciclos formativos de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros sostidos con fondos públicos. De todos xeitos en virtude da aplicación do Real decreto-lei 5/2016 desenvolvido polo Real decreto 562/2017, que modifica a disposición derradeira quinta da LOMCE, as avaliacións finais de etapa da ESO e do Bacharelato non terán valor académico; ademais todos os títulos de graduado na ESO poderán acceder indistintamente ás ensinanzas de educación secundaria postobrigatoria (grao medio e bacharelato). |