Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Conferencia "É posible outro Holocausto?", impartida hoxe por Xoán Garrido Vilariño, profesor da Facultade de Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo dentro da homenaxe a compañeira e profesora de Francés, Chus Martelo Cao, falecida hai dous cursos. A esta actividade acudiron alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato. Na introdución houbo unhas emotivas palabras do director, recordando a profesora falecida na súa faceta profesional e tamén na persoal. Coordinou Isabel Martínez Rodríguez e organizou o Departamento de Francés. |