IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
Prazas de residencias
![]() |
Xa está aberto o prazo para solicitar prazas de residencia en Coruña, Vigo e Ourense para o vindeiro curso 2010/2011.O alumnado candidato a estas prazas é aquel que vaia cursar ciclos medios ou superiores que non se impartan no seu lugar de residencia. Podes ter máis información no Departamento de Orientación do instituto. |
< prazo - instancias - documentación > |
Cea 2º Bacharelato
![]() |
A cea de 2º de Bacharelato será o sábado 5 de maio no restaurante O Trapeiro. O prezo é de 20 € que teredes que aboar na conserxería antes do día 25. A saída está fixada para as 22 h. desde o instituto en autobús que facilitará gratuitamente o centro. Bo proveito!! |
AVISO URXENTE |
Gañador do Minerva !!
![]() |
O noso alumno Ismael Ramos resultou gañador do prestixioso Premio Literario Minerva no apartado de narrativa ao mesmo tempo que acadou o segundo posto no de poesía. O acto de entrega de premios terá lugar o próximo 20 de maio nun acto no que participará Xosé María Álvarez Cáccamo. Parabéns polos teus merecidos éxitos. |
<voz de galicia> <el correo gallego> <fallo do xurado> |
Copa Coca-Cola
![]() |
O pasado sábado 1de maio en Coruña participamos no Torneo de Fútbol "Copa Coca-Cola". Logo de pasar a primeira fase, non fumos quen de pasar á seguinte nun partido no que fixemos un bo xogo. Queremos destacar o comportamento inmellorable dos nosos xogadores e a colaboración do grupo de nais e pais que nos acompañou e animou. |
<foto 1> <foto 2> <foto 3> |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 116
- 117
- 118
- 119
- 120
- 121
- 122
- 123
- 124
