Skip to Content

Premio a un podcast do IES Virxe do Mar

O podcast "Dona co carriño" da alumna Moira Penalta, de 2º da ESO, acaba de ser premiado no 6º Certame de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués.

O concurso, organizado pola asociación Ponte... nas Ondas!, pretende contribuír á transmisión do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. O alumnado participante debía recuperar unha fotografía familiar anterior a 1970 e elaborar un podcast sobre ela.

A nosa alumna Moira recuperou, para a materia de Proxecto Competencial, unha foto da súa bisavoa. Este é o podcast que gravou.

 

Os nosos parabéns para Moira!

Visita á romaría dos males cativos

 

O alumnado de relixión de 4ºESO acompañado da súa profesora Mª Jesús Agrafojo, realizou unha visita o municipio de Outes para coñecer a igrexa de San Ourente de Entíns lugar de celebración da importante romaría de San Campio que se celebra cada 29 de setembro.
A visita de seguro foi moi proveitosa para coñecer a historia desta importante romaría galega e xa de paso sanar, se os oubese, algún deses males cativos sempre que San Ourente o considerase oportuno.

Visita a Sta. María a Nova

 

Como xa vai sendo tradición no noso instituto o alumnado de Historia da Arte acompañado pola súa profesora iniciou o curso visitando o templo de Sta. María a Nova.
Fundado no ano 1327 polo arcebispo compostelano Berenguel de Landoira é unha das máis importantes representacións do gótico mariñeiro en Galicia. Nel tamén se atopa unha exposición única de laudas sepulcrais ou laudas gremiais que datan dende épocas medievais ata a Idade Moderna. Noraboa á profesora Concha Sabucedo por esta iniciativa.

AXUDA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2023/2024

Hoxe, día 10 de xullo de 2023, saíron as listaxes provisionais das solicitudes de axuda de material.

A información sobre as mesmas está na secretaría do centro.

Teñen 2 días para posibles reclamacións.

Tanto as listaxes definitivas como a emisión dos vales será a partires do 18 de xullo. As persoas con dereito a vale poderán recollelo tamén en setembro.

ACTO DE RECOÑECEMENTO AOS MELLORES EXPEDIENTES DE BACHARELATO

  Noraboa aos nosos mellores expedientes: Noa Balirac, Alba Nieto, Carla Martínez, Diego Lires e Sabela Rama.

Calendario matrícula curso 2023-2024

 

 PINCHE NA IMAXE PARA AMPLIAR

 

Distribuir contido


by Dr. Radut