Eu de maior quero ser, de Rosa Aneiros

Alba Gálvez Torrente

Ainhoa, Cris, Fran, María e Miguel son cinco universitarios que viven en Compostela e están a piques de rematar a carreira, menos Miguel que leva un curso atrasado.

As súas diferenzas respecto á madurez ou expectativas non impiden un ambiente de amizade entre eles. Este final é en verdade o cambio da adolescencia á vida adulta.

Como podemos observar lendo o libro, non todos poderían cumprir as súas ilusións e haberá quen consiga a súa meta, a pesar da boa amizade entre eles, ocúltanse, grazas a silencios cómplices, paixóns ocultas.

En xeral esta novela representa o ''modus vivendi'' dos estudantes de Santiago e un período vital que non se esquece nin se recupera.

No libro atopánse temas que lles preocupan aos xoves coma os problemas na vivenda e a preocupación e incertidume do futuro.

Beatriz Sanchez Garcia

Neste libro descríbemos como é a convivencia de 5 rapaces que estudan na universidade.

Aínda que viven xuntos, todos teñen unha maneira de ser e de ver as cousas diferente, ás veces discuten, pero a realidade é que son moi amigos e pásano mal pensando no día en que se remate o curso e non se poidan ver máis.

Desde o meu punto de vista, non é un libro que recomendaría ler a ninguén, xa que ás veces poñíame nerviosa, pensando nos nervios que pasamos os estudantes algunhas veces.

O final do libro gustoume bastante, porque cada un segue o seu camiño case como eles querían.

Bárbara Cao Sobral

Este libro trata sobre a convivencia de cinco rapaces estudantes da universidade de diferentes lugares, que comparten piso. Móstranos o día a día dos rapaces.

É un libro curto e bo para ler. Gustoume a maneira que teñen para entenderse e enfrontarse a determinadas situacións, como empezar a plantearse o seu futuro e deixar atrás as amizades e festas. O final foi algo imaxinable xa que cada un colleu o seu camiño.

Ángela Carballo Viñas 1º Bach B

É un libro entretido e trata un tema intereasnte, a convivencia duns estudantes en Santiago e a súa forma de afrontar as circunstancias que van xurdindo. Aínda que os feitos parecen monótonos e continuos e eu agardaba algo máis inesperado, é unha boa novela.

Emma Ortego Davila 1º Bach B

É un libro que reflicte a vida duns universitarios en Compostela que chegan de diversas zonas de Galicia ou mesmo de fóra e teñen que compartir piso. Despois de moitas noites en vela estudando, moitas fins de semana sen ir a casa, e moitos consellos, rematan sendo unha familia. Cando acabas a carreira é moi díficil separarte e pensas que non os vas volver a ver por causa do destino.

Mª Jesús Escudero de la Fuente 1º Bach B

Eu de maior quero ser paréceme un libro moi interesante, xa que che fai replantexarte o futuro e ao ser tan realista lelo como se esa historia nun piso de Compostela a estiveses vivindo verdadeiramente. Ademais contén historias de amor, enfados, e amizade que fan que a historia sexa moi completa. Tamén a contraposición entre os diferentes amigos e a caracterización destes fai que sexa moi entretida e continúes lendo para ver as súas reaccións e queiras saber máis sobre a vida deses mozos que comparten piso durante tres anos.

María Pousada Pacheco 1ºBach. E

Rosa Aneiros, neste libro, trata temas de interese xuvenil como son a vida universitaria, os estudos, as relacións, a convivencia... Estes temas obsérvanse dende o punto de vista dunha serie de rapaces e rapazas universitarios que conviven nun piso de estudantes en Santiago de Compostela e relatan as súas preocupacións ao longo dun curso académico. De lectura recomendable.

Ana Rosendo Piñeiro, 1º Bacharelato Adultos

O libro conta a historia de cinco mozos/as de diferentes comunidades autónomas que foron estudar para a Universidade de Santiago de Compostela  vivindo todos xuntos nun mesmo piso.
Pareceume unha novela curta e fácil de ler.
O que máis me gustou foi saber como van comezando todos na universidade, as cousas que lles van xurdindo nos anos de estudo e como remataron cada un deles despois de acabar as súas respectivas carreiras.
Pero a min persoalmente pereceume demasiado sinxela, quedei con ganas de saber máis de cada un dos personaxes, de como eran, como se sentían, en que crían e que querían realmente de vida.