Erasmus

Mobilidade

Información xeral

Dende 2007 o I.E.S. Universidade Laboral está a realizar mobilidades para estudantes dos ciclos formativos co obxecto de realizar o módulo da Formación en Centros de Traballo en países da Unión Europea dentro dos programas de mobilidade ofertados tanto pola Xunta de Galicia como por parte da Unión Europea por medio da Axencia Nacional, o SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación).

Carta Universitaria Erasmus (CUE)

A Carta é un documento firmado pola Comisión Europea, no que se establecen os principios fundamentais que hai detrás de tódalas actividades Erasmus+.

No ano 2008 o I.E.S. Universidade Laboral obtivo a  Carta Universitaria Erasmus Ampliada para prácticas a cal habilita ao centro a realizar mobilidade estudantes para realizar prácticas en países da Unión Europea.

No ano 2009 outórgase ao I.E.S. Universidade Laboral coa Carta Universitaria Erasmus Ampliada (Carta estándar e prácticas de estudantes) para todo o período.

Programa Erasmus+

Erasmus+  ten por obxecto modernizar e mellorar a Educación Superior en Europa e no resto do mundo.
 
Ofrece múltiples oportunidades a estudantes de Ciclos Formativos de Grao Superior, profesores e institucións de todo o mundo.
 
Axuda aos estudantes e ao persoal das institucións educativas a mellorar as súas aptitudes e as súas perspectivas de emprego.
 
As institucións educativas e as empresas poden intercambiar boas prácticas ao traves de Alianzas para o coñecemento. As institucións de Educación Superior dos países do programa poden colaborar coas de países veciños, os países balcánicos non pertencentes á UE, Asia, África e América Latina para desenvolver os seus sistemas educativos.
 
A Axencia Nacional Española é o SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación).

Criterios de elixibilidade

Poderán participar estudantes de 2º Curso de Ciclo Superior do I.E.S. Universidade Laboral para a realización de prácticas en empresas dun país estranxeiro, podendo ser estas prácticas as correspondentes ao módulo de Formación en Centros de Traballo. Neste caso daráselle pleno recoñecemento ao período de prácticas no estranxeiro.
Os países de destino para a realización das mobilidades en prácticas serán en función da dispoñibilidade de empresas, e será establecido pola Coordinación de Programas Internacionais.
Para poder participar nunha mobilidade Erasmus + teranse en conta os seguintes criterios:

  • Informe positivo do equipo docente do Ciclo Formativo.
  • Coñecemento da lingua do país de destino.
  • Cualificacións nos módulos cursados.
  • Dispoñibilidade de empresas no sector produtivo obxecto de mobilidade.
  • Estar en disposición de acceder á realización da FCT.

Cómo participar

Se estás interesado enparticipar no programa Erasmus+, fala co teu titor e que se poña en contacto co coordinador de programas internacionais do centro (José L. Vázquez Otero) ou enviando un correo electrónico a jvotero@edu.xunta.es.

 

Distribuir contido