COMO ELIXIR UNHA CARREIRA


 COMO ELIXIR UNHA CARREIRA

Elixir unha carreira pode ser unha tarefa difícil ou, polo menos, unha tarefa que require compromiso e certo traballo. Por un lado, compromiso con un mesmo, é dicir, pensar no que queremos facer, nas actividades que nos gustan, e por outro, o traballo de coñecer e informarse sobre as actividades que podemos realizar. Elixir unha carreira compromete o máis intimo de cada persoa: o que quere facer, as cousas que máis lle gustan, as súas paixóns e habilidades.

Pero isto debe conxugarse con realidades externas respecto de un: o mundo en que vivimos, as profesións e traballos que existen e as posibilidades que se nos ofrecen. Estes dous aspectos, o persoal, o que quero, e o mundo, o que se ofrece, vanse unir nunha decisión crucial da nosa vida. Polo tanto é necesario que tomemos o traballo de explorar os nosos gustos, as nosas habilidades, as nosas ganas, o cal implica que neste momento non só hai unha variada e moi numerosa cantidade de profesións e oficios posibles, senón que tamén existen moitas formas de acceder a elas.  Por un lado, non é unicamente a universidade a que pode formarnos para algunha actividade, pois existen actividades que non se ensinan nese ámbito. Por iso, é recomendable intentar coñecer as diversas opcións dispoñibles e as formas de acceder á aprendizaxe desas actividades.

Poñerse a pensar nun mesmo, e tamén o traballo de informarnos, coñecer as carreiras, as actividades, os oficios que existen..Por outro lado, debido ás actuais condicións socioeconómicas, é probable que debamos cambiar de traballo frecuentemente, así como cambiaron e van seguir cambiando as formas de traballar e, como consecuencia, tamén a formación nas profesións se irá transformando. Non esperemos que, cunha formación de grao nunha carreira, por exemplo, xa todo estea determinado. Pola contra, comeza outra etapa da carreira, a da inserción profesional. Estas modificacións, que marcan as tendencias da forma de inserirse profesionalmente na actualidade, supoñen certa incerteza, certa inestabilidade, que non se viviron noutras épocas, cando, quizais, un emprego  se podía conservar durante toda a vida. Pero isto, que pode vivirse como algo negativo, tamén supón desafíos, aventuras e posibilidades de cambio.  

UNHA ELECCIÓN PERSOAL 

Antes de máis nada é bo ter claro que ninguén mellor ca nós mesmos para elixir a que será a nosa carreira. Isto non implica que non se poidan escoitar suxestións e pedir axuda, pero non sería conveniente elixir polo que alguén nos indica. As suxestións hai que tomalas como opinións para considerar, pero tamén para avaliar, en cada caso, quen opina, cal foi a súa experiencia e cales son as vantaxes e as limitacións desas opinións. Moitas persoas que poden fracasar na súa carreira quizais intenten inducirnos a non elixir o que eles elixiron, ou quizais aqueles aos que lles foi moi ben intenten que sigamos os seus pasos. En todos os casos, é conveniente revisar isto dende o noso propio lugar, dende o que a nós nos interesa, as nosas habilidades e as nosas potencialidades, e dende aí avaliar esas opinións. Non é correcto crer que para todos o camiño vai ser o mesmo ou que o que foi bo para un debe selo para outro.  

VOCACIÓN E PROFESIÓN NON SEMPRE COINCIDEN 

Hai unha crenza xeneralizada: supoñer que, se nos temos que dedicar a unha actividade, a un oficio, a unha profesión, calquera que fose, debemos ter  unha vocación para iso e coñecela. Pero non sempre é así. A profesión non expresa necesariamente unha vocación, e, ademais, podemos desenvolver unha vocación sen traballar niso, sen facer diso unha profesión.  Moitos teñen un “hobby” ou unha afección onde expresan a súa vocación, por un lado, e por outro, traballan e desenvólvense profesionalmente noutra actividade.Unha vocación constrúese cos estímulos, co traballo, coa experiencia. A vocación constrúese e confírmase como tal despois de exercitala.  

QUE QUERO E QUE SE OFRECE 

Como vimos antes, existen dúas cuestións esenciais á hora de elixir unha carreira, o que quero e o que se ofrece. Formulamos aquí algúns dos numerosos temas que poden presentarse con algunhas suxestións para pensar, sabendo que son só algúns e non esgotan o tema. O que quero(Como descubrir o que me gusta?)O punto de partida será pensar que cousas nos gustan, que actividades nos interesan, se nos gusta estudar ou non, en que nos gustaría traballar, e explorar sobre un mesmo, tratar de coñecer as nosas preferencias. Isto pode ser toda unha tarefa, porque quizais é a primeira vez na vida que comezamos a preguntarnos por estas cousas.

E pensar e chegar a unha resposta sobre o que verdadeiramente quere un non se logra con prexuízos e respostas doadas. Que hai que ter en conta?Se un non sabe o que quere, pode comezar por facerse algunhas preguntas: Que cousas me gustan? A que me quero dedicar? Así talvez nos decatemos de que iso é xustamente o que non podemos responder. Entón podemos preguntarnos sobre o que nos gusta dunha forma máis ampla, non para dicir "quero tal ou cal carreira". Todos queren responderse rapidamente co nome dunha carreira. Isto é un erro. O que gusta ou interesa son actividades, oficios, aspectos xerais ou trazos dunha actividade, non unha carreira definida cun nome determinado. Se nos resulta difícil pensar no que nos gusta, podemos comezar tendo en conta o seguinte: Os xogos que nos gustaban e o que faciamos de nenos: verlle as tripas aos xoguetes, trepar ás árbores, decorar o cuarto, cavar pozos na terra, mirar a televisión, etc. E como xogabamos: sos, acompañados, na rúa, etc 

O que nos gusta facer agora: practicar deportes, ler, estar con amigos, facer cálculos e razoamentos lóxicos, facer estatísticas deportivas, viaxar, nada, etc. As materias que nos interesaron da secundaria e as que non, e por que razóns.. As actividades para as cales nos sentimos máis capaces, con habilidade ou certa facilidade para facelas.. As nosas fantasías, os nosos soños, ata os máis secretos, os máis  tolos.. As persoas máis significativas para un, as persoas que admiramos e por que, os modelos ou ídolos que queremos imitar; aquelas persoas que nos gustan e que nos gusta delas; aquelas persoas ás que non nos quixeramos parecer e por que. O modo en que chegaron a elixir o seu oficio ou o seu traballo as persoas coñecidas ou que nos interesan. O que fan os nosos pais, tíos, veciños, e como chegaron a facer o que fan. Falar con eles, se un ten ganas de sabelo.. O modo de elixir as cousas que temos. Gústanos compralas? Fóronnos  impostas? Como eliximos a roupa? Preferimos que o faga outra persoa por nós?, etc. 

Talvez pensemos que son cousas triviais e sen importancia. Pero son indicadores de que cousas nos atraen e que cousas non. Isto non leva directamente, por suposto, á definición dunha carreira, pero é unha forma de reflexionar sobre un mesmo e de preguntarse sobre o que un quere. Talvez cheguemos a algunha conclusión acerca de que tipo de actividades nos gustan. (Neste momento é necesario absterse de ver os pros e os contras, se convén ou non convén, e centrarse soamente en ver o que un quere). Hai que preguntarse: gústame?, interésame?, gustaríame loitar por isto? Logo, se atopamos unha ou algunhas actividades que poderían interesarnos, é necesario pensar e descubrir se hai algunha carreira ou oficio que teña que ver con iso.

Cando un se comeza a preguntar que quere ou que cousas lle gustan, comezan a aparecer algunhas ideas. Sempre temos algunha noción, un saber sobre o que nos gusta e o que non nos gusta. Aínda que necesitemos axuda para descubrilo. Este é o punto de partida, coñecer as nosas propias inclinacións. Pero simultaneamente debemos comezar a informarnos sobre as carreiras que existen, as actividades posibles. Isto é fundamental. Se descubrimos algunha carreira que non coñeciamos, poderemos pensar se nos gusta ou non; pero se non sabemos que existe, non poderemos elixila ou deixala. Por iso tan importante é explorar o que nos gusta como informarnos sobre as carreiras ou actividades que existen.

Os dous aspectos axúdanse mutuamente e axúdannos a elixir. O que se ofrece(Como obter información?)Por un lado, é necesario saber o que se ofrece, coñecer un pouco máis o mundo en que vivimos para coñecer as profesións e as carreiras que existen. E tamén saber cales son as súas perspectivas no mercado laboral, non para estarmos pendentes do que se ofrece, senón para poder unilo co que queremos facer. A necesidade de informarse para coñecer as profesións ou actividades que existen e que se ofrecen, hai que informarse. Pero a información en si mesma non é nada se non hai alguén que a procese, que se interese e que se comprometa con esa información. Entón, a información vai ser distinta segundo a forma en que se obtivo, o momento en que se conseguiu, etc. Por iso é recomendable ter unha actitude de busca activa das carreiras, profesións, actividades que existen.Como me achego á información? A información sobre ocupacións e carreiras adoita ser escasa e deficiente. Para achegarse a ela, é necesario facelo con algún criterio ou algún obxectivo, é dicir, partir de certas preguntas elementais, dos primeiros intereses ou dúbidas. Cando un quere descubrir sobre carreiras e profesións, debe ter presente que existen  prexuízos ou ideas vagas e pouco claras desas profesións. Polo tanto, é importante tratar de informarse sobre aquilo que se descoñece, para non quedar coas ideas vagas que un xa ten.É conveniente informarse sobre:   

 O espectro de carreiras en xeral, pero sobre todo acerca daquelas nas cales temos algún interese. Consultar todas as que poderían estar relacionadas coas actividades que nos interesan.. As características do traballo profesional desas carreiras. 

  O tipo de traballo que se realiza. As ideas que se teñen ás veces son moi enganosas. Unha mesma carreira permite o despregamento de numerosas actividades e posibilidades de traballo, algunhas moi diferentes doutras

  O modo de aprender esa carreira ou oficio. En institucións públicas ou privadas, formais e informais. Plan de estudos, anos de duración, esixencia académica, materias principais. Diferentes lugares onde se estuda, con referencias; non é conveniente quedar co primeiro lugar que aparece.. A saída laboral. Ás veces, as institucións que ofrecen unha carreira prometen saída laboral como estratexia publicitaria.

Pero hai que ter coidado ao respecto e informarse e pedir maiores referencias.Cómpre non quedarmos coa primeira información que obtemos. É necesario revisar as  fontes desa   información  e buscar outras.

PEDIR AXUDA Se, despois de todo isto, sentimos que non avanzamos na decisión, podemos preguntarnos:Quero estudar? Quero traballar? Necesito estudar? Necesito traballar? Que me pasa?  Se aínda despois dun tempo de reflexión non podemos atopar un camiño, talvez sexa o momento de pedir axuda, falar con alguén do que nos pasa. Pode ser un profesional ou non. Pode ser un amigo, un parente, os pais, aqueles en quen confiemos. Isto pásalles a moitas persoas, é algo normal e esperable.