Skip to Content

Ciencias Naturais

Club de Ciencia. 2022-23

         Remata outra edición do Club de Ciencia, no que o alumnado do centro acompañado por profesoras de Ciencias, Matemáticas e Tecnoloxía estivo a realizar diversas actividades: traballaron con softcircuits deseñando tarxetas de nadal, elaboraron modelos de especies fosilizadas, reciclaron bolsas de plásticas para facer marcapáxinas e colgantes e deseñaron e construiron un robot que falaba e movía os brazos.

ACCIÓN ARTÍSTICA CONTEMPORÁNEA

   

    Durante o terceiro trimestre deste curso o alumnado de 3ºESO participou nunha nova edición da “Acción Artística Contemporánea” titulada “Cuidamos a Terra. Queremos Futuro” que culminou cunha exposición dos traballos realizados no Centro Cultural Torrente Ballester.

    Nesta ocasión a temática elixida era o mar, unha cuestión abordada desde moi diferentes perspectivas e que involucrou a un gran número de estudantes e profesorado. Foi así que desde as materias de Cultura Clásica e Lingua Galega foron estudados os mitos e lendas relacionados co mar.

Maios no Sofía

   

     O alumnado do Sofía Casanova celebra esta semana a chegada dos maios.

    Os alumnos e alumnas de diferentes cursos participan na confección dos maios organizada polo Equipo de Dinamización, a Biblioteca e os departamentos de Orientación e Ciencias e Tecnoloxía.

    O alumnado de 1 da ESO realizará unha saída pola contorna para a recolleita de plantas, acompañados pola profesora de Bioloxía.

Saída a Santiago de Compostela. 2º de Bach

   

    O venres 1 de abril alumnado de 2º de bacharelato disfrutou dunha xornada frutífera en Santiago de Compostela.

    Os grupos de ciencias puideron coñecer de primeira man un centro de investigación en mediciña molecular e enfermidades crónicas,CIMUS, mentres que o alumnado de humanidades disfrutou co coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea no CEGAC. Pola tarde desprazámonos ao GAIÁS, onde poidemos coñecer a espectacular arquitectura da Cidade da Cultura.

Visita ós museos científicos coruñeses

     O día 25 de xaneiro, no marco dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, o alumnado de 3º ESO visitou os Museos Científicos Corruñeses: Casa das Ciencias, Aquarium Finisterrae e Domus.

Ruta polo Complexo Xeolóxico de Cabo Ortegal

   

   O martes 19-10-2021, o departamento de Bioloxía e Xeoloxía leva ao alumnado de 1º de bacharelato A e B á Ruta polo Complexo Xeolóxico de cabo Ortegal guiada polo Xeólogo especialista na zona Fran Canosa.

    Tanto o alumnado como os profesores disfrutamos dun espléndido día coñecendo os tesouros xeolóxicos de Cedeira e Cariño amosados polo experto.

    Fotografías.

Andaina ó Bosque dos Nenos

   

     O xoves 14-10.2021 realizouse unha andaina ata o Bosque dos nenos, en Valón, polo alumnado de 1º de ESO A,B,C e D.

    Os departamentos de Debuxo, E. Física e Bioloxía organizaron esta saída una fermosa má onde alumnado fixo unha caminata de un 7 km, para debuxar os seres que habitan neste fermoso ecosistema.

  Fotografías.

Visita virtual ao MHN (Museo de Historia Natural) de Ferrol

   

    Alumnado de 1º de ESO realiza unha visita virtual con conexión en directo ao Museo de Historia Natural de Ferrol guiada polo Biólogo Pablo Torrella.

    A actividade realízase na aula de cada grupo durante a clase de Bioloxía e Xeoloxía".

                Máis información sobre as visitas ao MHN de Ferrol.

    A revista "enfoques.gal" publica unha noticia onde o figura o Sofía como centro pioneiro: "Visitar un museo por videollamada: una iniciativa pionera en España impulsada por la Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol.
    Esta semana han comenzado las primeras visitas virtuales en tiempo real con el alumnado del IES Sofía Casanova que permiten descubrir online el museo."

Distribuir contido


by Dr. Radut