Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Probas de nivel lingüístico do alumnado para o curso 2021/2022

   

    A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ven de publicar a Resolución que regula as probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
    O alumnado que o próximo curso estea no centro en 4º ESO, 1º ou 2º de Bacharelato e estea interesado en realizar as probas acreditativas correspondentes aos niveis de competencia B1, B2 ou C1 de inglés , deberá entregar un compromiso de participación presencialmente no centro ou envialo por correo electrónico a ies.sofia.casanova@edu.xunta.gal antes do 30 de xuño

Lucía Toval Bacelo na prensa local. ABAU 2021.

 

    A prensa local recolle os bos resultados acadados pola alumna do Sofía, Lucía Toval Bacelo, nas recentes probas da ABAU (Selectividade).

    Lucía obtivo 13,65 puntos sobre 14, o que a convertiu na alumna coa mellor nota da comarca.

     Para o próximo curso pensa matricularse no grao de Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, no Campus de Ferrol.

  Diario de Ferrol                 La Voz de Galicia

    

 

Fotografías gañadoras do II Concurso de Fotografía Matemática

   

     Xa temos as fotografías gañadoras do II Concurso de Fotografía Matemática.

    Dada a orixinalidade das fotos presentadas en 2º ciclo de ESO, decidiuse elixir tres das imaxes presentadas.

    Noraboa ós premiados!

Fotos gañadoras do I Concurso de Fotografía de Convivencia e Igualdade

   

     Xa temos as fotografías gañadoras do I Concurso de Fotografía Convivencia e Igualdade.

    A calidade das fotos presentadas polo alumnado de Bacharelato fixo que decidiramos elixir tres das imaxes presentadas.

    Noraboa a participantes e gañadoras!

Datas matrícula para o curso 2021-2022

x luns martes  mércores  
    xoves  
 venres 
sábado domingo      ▪ Os sobres de matrícula recóllense en Conserxería.

u

21 22 23 24 25 26 27      ▪ O horario de oficina para  formalizar   a matrícula
  é de 9:00 a 13:00 horas.

ñ

o

28
Colexio
Esteiro
29
Colexio
Ponzos
30
Colexio
Recimil
1
1ºESO
2
2ºESO
3 4

 x

u

    Seguro escolar: O importe do mesmo é de 1,12 € e procederase ó seu abono en secretaría no momento de formalizar a matrícula. Prégase traer o importe exacto,
Os alumnos de 1º e 2º de ESO non pagan seguro.
  5
3ºESO
6
4ºESO
7
1ºBach
8
2ºBach
9 10 11

ll

o

 

 Ver en pdf

  12 13 14 15 16 17 18

 

   

Man robótica capaz de xogar ao “pedra, papel, tesoira”

   

    Lucía Toval Bacelo e Sofía Belén Pérez Quintanilla, alumnas de 2º do STEMBach, tras ter rematado e presentado os seus Proxectos de Investigación, crearon de xeito voluntario un novo proxecto baixo a dirección da profesora Elisa Moreira.

    Neste caso, deseñaron, construíron e programaron unha man robótica capaz de xogar ao mítico “pedra, papel, tesoira”. Para levala a cabo, empregaron material de uso cotiá, servomotores, unha tarxeta Arduino UNO e unha matriz LED.
    Agradecémoslle a súa implicación e dedicación e dámoslles os nosos parabéns polo resultado obtido que podedes ver no vídeo.

Makers inclusivos

   

     Alumnado do Sofía Casanova está presente este ano na Maker Faire de Galicia pola súa participación no proxecto de Talentos Inclusivos.

    Talentos Inclusivos, desenvolvido conxuntamente polo CITIC da Universidade da Coruña, ASPACE Coruña e centros de ensino secundario, pretende espertar vocacións STEM entre a xuventude e dar a coñecer a realidade da discapacidade a través de equipos colaborativos de traballo para resolver retos tecnolóxicos propostos por persoas con parálise cerebral. No noso caso, Gloria Murcia Hermida, Iago Grandal del Río, David Gutiérrez Fernández e David Parga Torrente, estudantes de 1º de bacharelato do STEMBach ou de TIC I, aceptaron o reto de adaptar videoxogos clásicos como o Pong ou o Pacman para o seu uso por persoas con parálise cerebral, creando tanto a programación como os pulsadores necesarios.

Acto de Graduación 2021

   

    Video do Acto de Graduación feito tamén adaptándonos as medidas COVID.
    A posta en escea foi realizada no pavillón do centro, coas medidas de distancia e ventilación, pero sen os requisitos tecnolóxicos axeitados para realizar unha retrasmisión e grabación cunha boa calidade.
    A pesar das circunstancias, alumnado e profesorado quedamos moi satisfeitos do resultado.

    Ver fotografías

Distribuir contido


by Dr. Radut