Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Charla da UDC "Descifrando a Enxeñería Informática", para alumnado de TIC 1º de Bach.

   

   O mércores 24, o alumnado das materia de TIC 1º de Bacharelato e de DIXITALIZACIÓN de 4º ESO recibiron unha charla da UDC titulada "Descifrando a Enxeñería Informática".
     A charla estaba orientada cara despertar vocacións ás titulacións que oferta a facultade de Informática da UDC e desmontar estereotipos predominantemente masculinos frente aos femininos e tamén de certa fama de "complexidade" que ten a titulación, así como a informar das numerosas e amplias saídas laborais que ofrece.

Alumnado tecnoloxía 1º bach B visita o Laboratorio de materiais da EPEF da UDC, campus de Ferrol

     O martes 23, o alumnado da materia de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato B visitou o Laboratorio de materiais da EPEF da UDC do campus de Ferrol, no veciño barrio de Esteiro. Alí poideron aprender como realizan os principais ensaios de materiais como os de dureza e tracción e tamén facer prácticas co durómetro e o péndulo de Charpy para o ensaio de fatiga.

Polos Creativo, curso 2023/24

   

     "A Xunta de Galicia distribuíu no mes de decembro os primeiros kits de actividades pedagóxicas en Ferrol, destinados aos Polos Creativos dos colexios e institutos que imparten as etapas de Infantil, Primaria e ESO en toda Galicia.

     IES Sofía Casanova e CEIP de Esteiro foron os primeiros en recibir este material didáctico o pasado mes de decembro, nun evento onde participaron Manuel Vila, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e Jesús Álvarez, director xeral de Centros e Recursos Humanos."

Marcos Vilela en Chem

   

    Marcos Vilela PIcos, que foi alumno deste centro, ven de publicar como primeiro firmante un artigo na revista Chem.
    Marcos está realizando a tese doutoral no laboratorio de Química Supramolecular e Nanotubos Peptídicos do CiQUS da Universidade de Santiago de Compostela. O traballo realizado polo equipo de Marcos trata da Fotoensamblaxe de péptidos cíclicos para nanotubos peptídicos dinámicos impulsados ​​por luz

     Os fotoensambladores de péptidos cíclicos isomerízanse mediante luz de lonxitudes de onda adecuadas para permutar entre a conformación plegada ( isómero cis ), que permanece como unha especie monomérica, e unha estructuras planas en forma de anel ( isómero trans ) que, en condicións adecuadas, poden ser apilados para formar nanotubos.

    O Diario de Ferrol faise eco do seu traballo e da súa publicación

Alumnado de Tecnoloxía do Sofía no CIS da Cabana

   

      O luns 18 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de Bacharelato acudiu a dous obradoiros no CIS da Cabana.
      No primeiro: "En caída. Tecnolab" construiron un paracaidas para lanzar un ovo dende un 1º piso e cunha microbit mediron a aceleración no descenso
      No segundo: "Cosendo o futuro" confeccionaron e-textiles, cosendo con fio conductor e programando con distintas placas controladoras efectos nos tecidos.

      Os dous obradoiros entán dentro do programa D'tec (DESEÑO, CIENCIA E TECNOLOXÍA PARA A XUVENTUDE) da Xunta de Galicia

9ª edición Tecnólog@ por un día

   

 Alumnado do IES Sofía Casanova participou na 9ª edición de Tecnólog@ por un día.

   Nesta actividade, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, o alumnado experimenta en primeira persoa unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia, co fin de impulsar as vocacións STEAM.

Charla obradoiro: "O papel das familias na xestión das condutas aditivas nos adolescentes"

   

    O martes 19 de decembro de 2023 teremos unha Charla obradoiro para as familias no Sofía. A temática será "O papel das familias na xestión das condutas aditivas nos adolescentes".

   Tera lugar na biblioteca do centro de 16:30 a 18:10.Imprescindible confirmar asistencia no correo da ANPA do Centro anpasofiacasanova@gmail.com

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras

   

     Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24

    A RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023 regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en institutos de educación secundaria.
    O obxectivo principal é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1 As probas están destinadas a alumnado de bacharelato e 4º de ESO. O alumnado candidato deberá presentar por escrito un compromiso individual de aceptación para presentarse ás probas, asinado polo alumno/a ou familia.
    O prazo para presentar o compromiso individual na administración do centro (non se admitirán compromisos por correo electrónico) remata o 3 de novembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut