Skip to Content

Taboleiro do alumnado

I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada

   

  O Club de Lectura de Novela Gráfica conxuntamente coa Biblioteca convoca o I Concurso IES Sofía Casanova de Banda Deseñada onde todo o alumnado pode participar.

    Tedes as bases aquí e nos carteis que xa están colgados polos corredores do centro.

    Animádevos e participade: O prazo remata o 16 de xuño!

Visita do alumnado de Talentos Inclusivos a ASPACE Coruña

   

    O pasado 21 de abril o alumnado participante no proxecto Talentos Inclusivos visitou as instalacións de ASPACE Coruña.

    ASPACE foi fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral. A misión que ten é mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e discapacidades psicofísicas e as das súas familias, poñendo a súa disposición os recursos necesarios para promover o seu desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades. Os usuarios que atenden repártense entre o Centro Educativo (de 3 a 21 anos), o Centro de Día (máis de 16 anos) e o Centro Residencial (máis de 16 anos).

    O alumnado visitou os tres centros, coñeceu a radio, o taller de cerámica, a piscina, a sala de estimulación... falou cos usuarios e levoulles o prototipo de App de mando de TV que están a facer.

Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia"

   

   Segunda sesión da Escola de Nais e Pais. "Benestar emocional na adolescencia". Como superar conflictos nesta etapa.

  Obradoiro impartido por Andrea Bachlian na Biblioteca do IES Sofía Casanova o martes 9 de Maio de 16:00 a 18:00 horas.

    Mais información nos Carteis adxuntos Imprescindible notificar asistencia a este correo: anpa.sofia.casanova@gmail.com

 

Admisón de alumnado para o curso 2023-2024. Publicación de listaxes provisionais.

       

    Hoxe, martes 25 de abril, procedeuse á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2023-24.

    As listaxes están expostas no panel da entrada do IES Sofía Casanova.

    Poderase interpoñer reclamación ás listaxes ante o Consello Escolar, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico. Curso 2022/23

   

       Hoxe publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23.
    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.
    As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «PremiosEdu» , accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,  ou directamente desde a propia aplicación «PremiosEdu». código de procedemento ED311D.

    A celebración da proba terá lugar o día 6 de setembro de 2023.

A biodiversidade que nos rodea

   

   O alumnado de primeiro de ESO participou no proxecto Make it Open cun escenario de aprendizaxe sobre A biodiversidade que nos rodea.

    Coordinado polo profesorado dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Tecnoloxía,

 coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, o alumnado: analizou a biodiversidade da zona, colleron sementes, xeolocalizáronnas nun Padlet, fixeron pequenos invernadoiros, construiron uns testos, crearon mini xardíns no instituto e realizaron repoboacións nun área deseucaliptizada do val de Doniños.

    Para levar a cabo este escenario, a parte das profesoras das materias do proxecto tamén colaborou persoal non docente do instituto e donos da área repoboada.
    Foi unha experiencia moi gratificante para todos os participantes.

                  Galería de imaxes
  

Convocatoria premios extraordinarios de bachaletato. Curso 2022-2023

   

     O 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

    Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia , introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Mocidade coa lingua

     O pasado 30 de marzo, os alumnos de 2º e 3º da ESO acudiron ao Auditorio de Ferrol a disfrutar do concerto A Mocidade coa lingua.
   Nel, ademáis de escoitar a grupos doutros institutos, tiveron a sorte de ver en directo a AS FILLAS DE CASANDRA, un dos grupos galegos revelación este ano.
Distribuir contido


by Dr. Radut