Profesorado do IES Sofia Casanova estivo en Mersin, Turquía, dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Blended Learning for All! (BL4A!), proxecto liderado polo CFR de Ferrol con socios de Hungría, Portugal e Turquía.
Nesta mobilidade coñeceuse o sistema educativo turco, presentáronse diversos lesson plans con secuencias de aprendizaxe que integran o ensino mixto e visitáronse centros educativos.
Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24
A RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023 regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en institutos de educación secundaria. O obxectivo principal é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado nos niveis B1, B2 ou C1 As probas están destinadas a alumnado de bacharelato e 4º de ESO. O alumnado candidato deberá presentar por escrito un compromiso individual de aceptación para presentarse ás probas, asinado polo alumno/a ou familia. O prazo para presentar o compromiso individual na administración do centro (non se admitirán compromisos por correo electrónico) remata o 3 de novembro.
O 4 de setembro tivo lugar na Cidade da Cultura o Congreso Internacional Observa _Acción, onde o noso centro foi escollido para contar a súa experiencia neste programa. Tivemos a oportunidade de expoñer aos asistentes como foi a nosa participación neste programa o curso pasado. O programa Observa _Acción ten como obxectivo mellorar ás competencias profesionais docentes a través da observación entre iguais. Durante o curso pasado, desenvolvemos duas fases do programa, a Fase I que consistiu en realizar a observación entre docentes do noso centro ( Fase intracentros). Unha vez superada, pasamos a Fase II (intercentros) nesta ocasión a observación realizouse no IES A Cachada de Boiro onde puidemos ver cómo traballan e traernos algunhas ideas para aplicar no noso centro. Aquí tes acceso á memoria que elaboramos ao finalizar esta fase
Profesorado do IES Sofia Casanova estivo a última semana de setembro en Budapest dentro do proxecto Erasmus+ KA2 Blended Learning for All! (BL4A!), proxecto liderado polo CFR de Ferrol con socios de Hungría, Portugal e Turquía.
Nesta mobilidade houbo formación sobre o ensino mixto no Europa 2000 Gymnázium, observando clases de diversas materias nas que estaban perfectamente integrados novidosos recursos metodolóxicos.