Segundo a Orde de 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e a Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa na que se concretan as datas e o procedemento de reclamación, achéganse as seguintes indicacións coa finalidade de coordinar todo o procedemento, que debe ser realizado en prazos moi breves.
CALENDARIO e ACTUACIÓNS: • AVALIACIÓN 2º Bacharelato - 16 Maio: data límite da comunicación das cualificacións finais •
•REVISIÓN NO CENTRO - 18-19 Maio: Prazo de presentación de solicitude de revisión no centro. Modelo de reclamación ante o centro no Anexo II da Instrución 2/2023. - 22 de maio: data límite resolución revisións no centro.
•RECLAMACIÓN ANTE A XEFATURA TERRITORIAL - 23-24 maio: Prazo de presentación de reclamacións ante a Xefatura Territorial. A solicitude preséntase ante a dirección do centro. Modelo de reclamación ante a Xefatura Territorial no Anexo II da Instrución 2/2023 - 31 de maio: Resolución das reclamacións na Xefatura Territorial. - 1 de xuño: Comunicación da resolución da Xefatura Territorial á CIUG e aos Centros. - 2 de xuño: Matrícula extraordinaria para alumnado que aprobe 2º bacharelato na convocatoria xuño despois da resolución das reclamacións.
|