Alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía asistiu á clausura da 4ª edición do Proxecto Talentos Inclusivos. O proxecto ten o dobre obxectivo de fomentar as vocacións TIC entre estudantes de secundaria, bacharelato e Formación Profesional e, á súa vez, dar visibilidade a problemas cotiáns de persoas con parálise cerebral. Nun formato de feira o noso alumando amosou os retos que fixeron: dous pulsadores adaptados inalámbricos e un soporte impreso en 3D adaptado para o móbil.la Xunta, Código Cero, Galicia Express
|