Skip to Content

Dinamización lingüística

Maios no Sofía

   

     O alumnado do Sofía Casanova celebra esta semana a chegada dos maios.

    Os alumnos e alumnas de diferentes cursos participan na confección dos maios organizada polo Equipo de Dinamización, a Biblioteca e os departamentos de Orientación e Ciencias e Tecnoloxía.

    O alumnado de 1 da ESO realizará unha saída pola contorna para a recolleita de plantas, acompañados pola profesora de Bioloxía.

A escritora Andrea Maceiras no Instituto

         O día 9 de marzo a escritora Andrea Maceiras visitou o noso Instituto para dar unha charla ao alumnado de 1º ESO sobre a súa novela Conta nove estrelas, unha aventura de ciencia ficción, que obtivo o Premio Lazarillo 2018.

"Son do Sofía", no festival "A mocidade coa lingua"

   

 O coro "Son do Sofía" participou, o xoves 11 de abril, xunto con outros grupos da comarca, no festival "A mocidade coa lingua" que, un ano máis, organiza a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra .
    Os membros de "Son do Sofía" interpretaron as súas versións de "Matriarcas" e "Believer".

Premios poesía e imaxe. En galego, sen filtro.

   

    Acaban de comunicarse os resultados do XIX Certame de Poesía e Imaxe "En galego, sen filtro", organizado pola Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüísitca de Ferrolterra(CENL).

             Resultaron gañadoras as alumnas deste centro:
    Gloria López Beade de 4º da ESO. Con: Lingua albanesa, e
    Estela Pena Hermida de 1º de Bacharelato. Con: Lingua Quiche.

  A entrega de premios terá lugar o vindeiro LUNS, 29 de abril, ás 19:30 na capela do CC Torrente Ballester.

Entrega de premios Carmela Loureiro en Ferrol

   

     O sábado, 9 de marzo, entregáronse os premios aos gañadores da V edición do Certame literario Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL).

    A entrega tivo lugar nun acto que se celebrou ás 12 horas, no centro cultural Torrente Ballester, presidido polo alcalde da cidade Jorge Suárez.

    Representando ao Sofía Casanova estaba a nosa gañadora Irene Fernández Arias, alumna de 4º da ESO, no centro da foto. cun relato titulado: Acompáñame

       Máis información

Día da Paz

   

     O voluntariado da biblioteca e o coro do Sofía visitaron aos maiores de Domus Vi para conmemorar con eles o Día Internacional da Paz.

     A visita e as actividades previas á mesma, que xiraron en torno ao lema "Tirando muros, tendendo pontes", están descritas no blog da Biblioteca (1) e (2) e no do Equipo de Dinamización Lingüística.

    La Voz de Galicia  e o Diario de Ferrol fixéronse eco da visita.

Pórtico da Gloria

   

     O martes 20 de novembro  tivo lugar un acto institucional para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego. Con esta iniciativa, a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística quixeron celebrar o IX Día da Ciencia en Galego, que este ano xira arredor do tema “A cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo”, e está dedicado ao Mestre Mateo e ao matemático grego Arquímedes.
    Este acto institucional, ao que acudiu un grupo de alumnos do IES Sofía Casanova, comezou ás 10 na sala de armas do Pazo de Xelmírez; continuou no Pórtico da Gloria, cun relatorio do profesor Luis Puig que tivo por título “As matemáticas do Pórtico da Gloria”.
    Rematou a celebración cunha visita ao Museo da Catedral.

    O estudo de Luis Puig O Pórtico da Gloria. Miradas Matemáticas pode consultarse na Biblioteca do instituto. Desde aquí pode accederse ao cartel “Xeometría no Pórtico da Gloria

     A prensa e a tvg o blog da bliblioteca e o de dinamización lingüística fixéronse eco do evento.

Recital poético-musical no Carvalho Calero

         O alumnado de 2º ESO C acudiu o 30 de outubro a un recital no Carvalho Calero para compartir os seus poemas e caligramas de autoría propia e/ou colectiva cos doutros centros, como Ludy, Carvalho Calero e Montojo, nun acto organizado polos equipos de dinamización lingüística de Ferrol.
Distribuir contido


by Dr. Radut