O alumnado do Sofía Casanova celebra esta semana a chegada dos maios. Os alumnos e alumnas de diferentes cursos participan na confección dos maios organizada polo Equipo de Dinamización, a Biblioteca e os departamentos de Orientación e Ciencias e Tecnoloxía. O alumnado de 1 da ESO realizará unha saída pola contorna para a recolleita de plantas, acompañados pola profesora de Bioloxía. |