Skip to Content

Decembro 2012

Historias de Oregón
de
Diego Ameixeiras
“...O home anuncia unha colección de coitelos máxicos capaces de seccionaren carne conxelada. Unha vez máis, Aurora P. G deixa pasar o tempo contemplando a actuación dese home ante un público entusiasmado. Nada se lle pode resistir a eses magníficos coitelos. Latas de refresco, madeira, parafusos, metais. O mango está especialmente deseñado para o confort da ama de casa. A folla, reforzada cos últimos avances tecnolóxicos, fabricouse co mellor aceiro inoxidable”
Tramas sinxelas e paralelas que recollen asuntos de actualidade, desde os incendios ata os malos tratos.  Historias protagonizadas por mulleres vítimas da violencia de xénero, doentes que rematan por namorar da súa psiquiatra; prostitutas incomprendidas e de corazón xeneroso, estafadores que acaban destruíndose entre eles... personaxes da vila de Oregón (trasunto literario da cidade de Ourense). Vidas de xentes que están nas marxes; un puzzle bastante representativo das contradicións e inxustizas das sociedades urbanas actuais. Diego Ameixeiras
Historias de Oregón Do mesmo autor tamén tes na biblioteca:
Asasinato no Consello Nacional
   


page | by Dr. Radut