Skip to Content

Outubro 2012

O morador da fenda
de

Roberto A. Rodrígues  

...Un vilego comezou a berrar, era un grito sen verbas, un son esgarrado froito da carraxe. Aquel sentimento propagouse e logo foi a grea ao completo quen berraba esixindo sangue, o estrondo alzouse impoñente conquistando o aire e reverberou nas paredes da pequena praza, amplificándose e espantando ás aves que se pousaran nos tellados próximos. Algúns vilegos abalanzáronse a un mesmo tempo contra o guerreiro e, amparados na miserábel maioría, atacárono dende todas as direccións.

  O morador da fenda é a primeira entrega dunha triloxía de fantasía épica do autor vigués Roberto A. Rodrígues. Se che gusta Tolkien  esta é a túa lectura. Nela a presenza do sobrenatural, os seres malignos, os mapas de terras descoñecidas, os obxectos máxicos e/ou simbólicos e os guerreiros heroicos configuran un escenario épico no que as forzas do ben e do mal libran a súa batalla.

Aquí podes ler o primeiro capítulo 

ou perder menos de minuto e medio para engancharte.

 



page | by Dr. Radut