Skip to Content

Xuño 2012

Tardes con Margueritte
 de
   Marie-Sabine Roger

 

    
     O mestre de Germaine Chazes dicía que lle faltaba un fervor. Outros dirían que era parvo ou andababa a velas vir, máis sofisticadamente, que é un border line. Aos seus 45 anos vive nunha tenda de campaña no xardín da casa familiar porque non se entende coa súa nai. Pero o encontro cunha anciá no parque, onde acode a contar as pombas, cambia a súa vida. Ela, con dozura e paciencia, lelle fragmentos de libros, actividade que o fará crecer en poucos meses máis que en moitos anos de vida.

    A autora desta novela é Marie-Sabine Roger  que naceu en 1957 na rexión de Burdeos. Tras exercer de profesora nun colexio infantil durante varios anos, hoxe en día dedícase por enteiro á escritura. É autora de máis de cincuenta libros de literatura infantil, xuvenil e de adultos. Actualmente reside en París aínda que pasa tempadas en Madagascar.

    
  
    Cando era rapaz, a miña nai chamábame o “parvo feliz”. Pero non era certo, non era feliz. Parvo, podo aceptalo. Pero feliz, iso si que non.
    Landremont dime que son o bastante intelixente como para decatarme de ata que punto son parvo, e que toda a miña desgraza deriva de aí. Creo que ten razón, mesmo se, cando o penso ben, non se trata precisamente dun cumprido. De calquera xeito, cando non entendo algo, doume de conta.
    Annette di que a ela tamén lle pasaba o mesmo, pero só co cálculo e as mates.
    A miña nai tamén me chamaba “o tarado” ou “o panoco”. E cando me puxen a medrar: “ o gran papahostias”.
    Como di o meu amigo Julien, a miña nai non tiña moito instinto maternal, nin pouco.

 

Esta novela foi levada ao cine recentemente:



page | by Dr. Radut