Skip to Content

Xaneiro 2012

Leonís
de
César Mallorquí
Pablo Galván, o protagonista desta novela, recibe unha carta do seu pai falecido para que investigue unha lenda relacionada co mito de Tristán e Iseo e co reino de Leonís.

Pablo viaxa a Lotar e descobre que todo o que lle contaran sobre a morte do seu pai era mentira, indaga o pasado do seu pai e busca as causas da súa desaparición, mais todo resulta estraño e sombrío. Pablo tamén atopa a súa antiga noiva Raquel, renace o amor pero tanto el coma Raquel forman parte dun ritual que se remonta ao inicio dos tempos.

No fondo, Leonís -di o seu creador- é un conto de fadas escuro e melancólico. Hai un ogro, unha raíña mala e un rei santo, un príncipe e unha princesa, un mago, unha meiga, varios lobos e un feitizo sombrío, unha maldición que adopta a aparencia de amor. Ao final, como na maior parte dos contos, a curiosidade acaba castigando ao protagonista.


Do mesmo autor tamén atoparás na biblioteca:

O último traballo do señor Luna
La catedral


page | by Dr. Radut