Skip to Content

No Nadal facendo canteira

Se onte tendemos lazos coa terceira idade, hoxe fixémolo cos nosos veciños da Escola Infantil (a primeira idade); cómpre sementar porque eles serán, a medio prazo, o noso alumnado e seguro que algúns tamén membros futuros do club de lectura.

Nestas datas levámoslle un pouco de música e contos. Do limiar encargouse un coro de alumnos de música que puxo voz a "Let it Swow". Logo os de 1º ESO narraron o conto "O boneco de neve feliz" e dramatizaron "O abeto e o apalpador" (con acompañamento musical de 1º BAC). Chegou despois o momento das panxoliñas que ofreceron alumnos de música de 2º ESO e foi a coda a interpretación "a capella" (4 voces) de "Hit the Road Jack". Non faltou un agasallo improvisado: o "Happy Birthday" coreado por todos para un neno que estaba de aniversario.

Rematamos deixando que os máis pequenos tocasen algúns instrumentos pois hai que facer canteira e, de feito, algúns danlle con xeito ao teclado ou a dirección de orquestra...

Grazas unha vez máis aos nosos embaixadores (músicos e lectores), aos seus profesores e aos encantadores veciños da Escola Infantil por ternos acollido, como sempre, con agarimo. Bo Nadal a tod@s!



page | by Dr. Radut